Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 8 de enero de 2018
PROVINCIA

A Deputación leva a tecnoloxía á promoción das vilas termais da provincia

Guardar en Mis Noticias.

O Goberno provincial de Carmela Silva instalará paneis con códigos QR que proporcionarán información en texto e audio en tres idiomas.

[Img #38023]

 

A Deputación de Pontevedra, no marco das actuacións que está a impulsar ao abeiro do Plan estratéxico de turismo, comeza esta semana o proxecto para a posta en valor das vilas termais da provincia. Máis polo miúdo, a iniciativa ten por obxectivos instalar nas localidades de Catoira, Mondariz, Ponte Caldelas, Cuntis, Caldas de Reis, O Grove e Vila de Cruces, paneis en tamaño A3 con códigos QR con información descargable en texto e audios en galego, castelán e inglés.

 

A actuación nace dun encontro mantido entre a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e os concellos termais no pasado mes de decembro, para avanzar na promoción dos seus recursos. Neste encontro abordouse a promoción dende unha perspectiva integral, contemplando tamén a importancia dos espazos históricos, naturais, culturais e paisaxísticos vinculados ao termalismo.

 

Cos novos paneis, que se instalarán a petición dos propios concellos nos espazos que consideren máis axeitados para a súa consulta, vanse mellorar os contidos que se achegan ás persoas turistas e visitantes de cada unha destas sete localidades. Deste xeito, as persoas aloxadas nos establecementos termais poderán obter información sobre todo o potencial histórico, cultural, natural, gastronómico e paisaxístico destes municipios e das súas respectivas contornas.

 

 

 

 

A Deputación de Pontevedra ampliou a posta en valor do termalismo trala súa incorporación, en 2017, á sección de Vilas termais da FEMP. Corrixiuse así a situación anómala que, pese a ser unha das provincias con maior número de prazas hoteleiras termais, non participaba neste foro

 

 

 

 

Xunto aos paneis informativos, que se instalarán esta semana en Catoira, Mondariz, Ponte Caldelas, Cuntis, Caldas de Reis, O Grove e Vila de Cruces, tamén se van poñer en marcha accións de promoción on e off line marcadas dentro do Plan estratéxico de turismo Rías Baixas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados