Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 11 de enero de 2018
GALICIA

Traballadores sociais de máis de 200 concellos teñen acceso á historia social única electrónica da Xunta

Guardar en Mis Noticias.

A Administración autonómica está a ampliar as funcionalidades do sistema, incorporando a sinatura electrónica dos informes sociais e a súa remisión telemática ás unidades tramitadoras.

Máis de 200 concellos formalizaron xa a súa adhesión a Historia Social a Única Electrónica (HSUE), a plataforma da Xunta que integra nun mesmo sistema todos os datos relativos a historia social do individuo e facilita a coordinación de todos os axentes que participan na prestación dos servizos sociais.

 

Nos últimos meses a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Política Social dotaron á plataforma de novas prestacións como a sinatura dixital e a integración coa aplicación informática que empregan os traballadores dos servizos  sociais comunitarios e a posibilidade de realización de novos informes, como o Proxecto de Integración Social.

 

A integración de SIUSS (Sistema de Información de Usuarios de Servizos Sociais), na Historia Social Única Electrónica facilita a compartición de información entre os profesionais dos servizos sociais de ámbito local e autonómico. Este é un paso fundamental para completar a información da Historia Social Única Electrónica de cada individuo e incrementar a coordinación entre profesionais. Ademais, facilita a labor dos profesionais evitándolles ter que mecanizar novamente nos informes sociais normalizados información que xa esta no SIUSS.

 

A este avance sumouse a incorporación da sinatura electrónica a través de HSUE. Isto permite xerar e asinar dixitalmente en HSUE os informes sociais normalizados e arquivalos na Historia Social Única Electrónica do individuo, o que permite o envío de xeito telemático deste informe ás unidades tramitadoras da Consellería de Política Social. Os traballadores de 56 concellos empregan este mecanismo, como canle preferente de remisión dos informes sociais normalizados nas tramitacións de solicitudes de dependencia.

 

 

 

 

Estas medidas facilitan o traballo dos profesionais dos servizos sociais e contribuirán a acurtar os tempos de tramitación

 

 

 

 

De xeito paralelo, e grazas as posibilidades que ofrece a HSUE, estase a facilitar o acceso do persoal médico dos equipos de valoración de discapacidade  e dependencia  ao Historia Clínico Electrónica de persoas que soliciten este recoñecemento; medida que permitirá mellorar a tramitación das referidas valoracións.

 

Modelo de teleasistencia avanzada
A Historia Social Única Electrónica é un dos instrumentos que nun futuro facilitará o modelo de teleasistencia avanzada no fogar polo que aposta a Xunta de Galicia.

 

A Administración autonómica está a traballar nun modelo de teleasistencia avanzada para prestar tanto servizos asistenciais a pacientes crónicos como a monitoraxe continua de persoas maiores no seu fogar para identificar situacións de risco de forma automática e comunicalas telemáticamente aos seus coidadores ou prestadores de  servizos.

 

Este modelo modelo baséase nun único sistema tecnolóxico para os servizos sociais e sanitarios no fogar, sobre o que traballarán diferentes prestadores de servizos en cada un dos ámbitos.

 

Máis de 530.000 expedientes dixitais
A HSUE  púxose en marcha pasado en 2016 nos concellos de Boqueixón, Brión, Tordoia e Viveiro. Tras unha fase de probas iniciouse a súa extensión a outros concellos co apoio da  Federación Galega de Municipios e Provincias, a través dun convenio asinado en novembro.

 

A día de hoxe, os traballadores sociais de máis 200 entidades locais teñen acceso á plataforma, podendo acceder ao expediente social de máis de 530.000 usuarios en formato electrónico.

 

 

 

 

A Historia Social Única Electrónica é un dos instrumentos que nun futuro facilitará o modelo de teleasistencia avanzada no fogar polo que aposta a Xunta de Galicia

 

 

 

 

A extensión  da Historia Social Única Electrónica (HSUE) supón un fito no eido dos servizos sociais similar á posta en marcha da Historia Clínica no eido sanitario ao integrar nun mesmo sistema todos os datos relativos a historia social do individuo, incluíndo a situación persoal, social e familiar; as súas demandas, prestacións, servizos e recursos, así como as valoracións, intervencións, seguimento e avaliación por parte do sistema de Servizos Sociais, ademais de información referente a profesionais e a institucións e organizacións que interveñen nas mesmas. Isto permitirá mellorar as capacidades de análise e explotación da información claves no deseño das políticas de protección social.

 

A plataforma proporciona unha identificación unívoca dos cidadáns, ao empregar a numeración da tarxeta sanitaria e garante a seguridade no acceso á información a través do uso de certificado electrónico por parte dos profesionais, que accederán só aos datos e información necesaria para o desenvolvemento do seu labor.

 

Vantaxes para os usuarios
Os cidadáns percibirán as vantaxes do novo sistema na simplificación das tramitacións, e nunha atención máis personalizada, xa que o profesional terá acceso de xeito inmediato a información máis relevante do seu historial, tanto de servizos como de prestacións ou recursos asignados, obtendo unha visión global e integrada da súa información social , independentemente da orixe da mesma, e mellorando deste xeito a calidade asistencial.

 

Ademais, facilitará unha atención máis proactiva, grazas a un o sistema de alertas e subscricións que avisa ao profesional de calquera cambio no historial da persoa para que poida actuar de maneira inmediata.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados