Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Martes, 9 de enero de 2018
Mos

A Garda Civil investiga a queima de contedores do lixo en Mos

Guardar en Mis Noticias.

As parroquias mosenses de Dornelas, Torroso, Louredo e Petelos, afectadas por actos vandálicos de queima de colectores de lixo

[Img #38033]

 

O concelleiro mosense de Medio Ambiente, Cándido Pérez, presentou esta mañá no Cuartel da Garda Civil de Mos denuncia formal da administración local sobre a queima de contedores que se ven producindo dende o pasado 29 de novembro de xeito continuado e en días alternos. A denuncia do Concello presentouse acompañada dun informe oficial do Servizo Municipal de Emerxencias no que se estiman en preto de 6.000 euros os gastos causados por esta onda de actos vandálicos.

 

O edil Cándido Pérez e a concelleira de Urbanismo, Julia Loureiro, informaron de que “fai case mes e medio que se veñen producindo dentro do termo municipal de Mos unha serie de incendios que están a causar danos importantes aos colectores de lixo de varias parroquias (concretamente as de Dornelas, Torroso, Louredo, e Petelos)”. “A dinámica destes feitos”, segundo explican os representantes municipais Pérez e Loureiro, “é a queima de contedores en horario nocturno (excepto dous que foron queimados en horario diurno) e sempre en días alternos, non consecutivos”.

 

Os danos causados están valorados en preto de 6.000 euros.

 

 

En total dende o 29 de novembro foron queimados 15 colectores de lixo no Concello de Mos distribuídos nas seguintes ubicacións: 1 contedor na estrada que vai de Puxeiros a Mos (no límite entre as parroquias de Dornelas e Torroso), 2 na entrada do Camiño do Mareco, 1 na estrada Puxeiros-Mos na esquina do Camiño Mouriños, 2 no Camiño dos Eidos na parroquia de Torroso, 2 na Estrada das Baloutas, 1 na Estrada Louriñó-Sobráns na esquina do Camiño da Ponte de Roma, 1 no Camiño de Cotofe, 2 no Camiño das Barxas, 1 na Estrada do Pombal en Pantaño, 1 na Porteliña en Petelos e 1 máis na Estrada Puxeiros-Mos.

 

Os concelleiros Julia Loureiro e Cándido Pérez declararon esta mañá a este respecto que “estes feitos están a producir un grave perxuízo económico para o Concello de Mos, non só pola imperante necesidade de ter que repoñer os colectores afectados, senón tamén polo gasto que producen as tarefas de extinción e limpeza”.

 

E é que a estimación dos custos en material urbano causados por esta alarmante serie de incendios provocados fíxase en 3.024 euros e os gastos en labores de extinción ascenden a 2.240 euros, sumando unha cifra total, a data de hoxe, de 5.264 euros.

 

Ambos edís, Loureiro e Pérez, lamentaron por último “que se cheguen a realizar este tipo de actos vandálicos que demostran ignorancia, xa que o único que se consegue con eles é perxudicar a tódolos veciños e veciñas de Mos e cargar de gastos ás arcas municipais”. “É un acto patético e vergoñento co que só se logra mermar a calidade de vida dos mosenses e gravar ó Concello que, ó fin e ó cabo, somos todos”, sentenciaron.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados