Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Martes, 9 de enero de 2018
GALICIA

Alerta por temporal costeiro e de vento de nivel laranxa mañá en todo o litoral galego

Guardar en Mis Noticias.

Emwexencias recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web http://www.axega112.org/

[Img #38037]

 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que comezará a primeiras horas da mañá, 10 de xaneiro, na Coruña, e que se estenderá posteriormente ás provincias de Lugo e Pontevedra. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), agárdase vento do oeste e o suroeste de forza 8 ou 9, con mar combinada do noroeste e ondas de 5 a 7 metros.

 

Ademais, tamén se activará a alerta laranxa por vento desde primeiras horas da mañá no noroeste da Coruña e na zona da Mariña de Lugo, con refachos máximos de 100 kilómetros/hora.

 

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, xa informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

 

Recórdaselle á poboación  a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (http://www.axega112.org/),  que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

 

Alerta amarela por neve en Ourense

Cómpre recordar que hoxe, 9 de xaneiro, están activas en Galicia unha alerta laranxa por temporal costeiro na costa noroeste da Coruña, así como unha alerta amarela por neve no sur e na montaña de Ourense.

 

Respecto a esta última, téñense detectado incidencias relacionadas coa neve en 5 centros escolares da provincia de Ourense, que afectaron a un total de 152 alumnos. En concreto, suspendéronse as clases no CPI Plurilingüe Laureano Prieto da Gudiña; no CEIP Augusto Assía da Mezquita; no CEIP das Vendas da Barreira en Riós; e no CEIP de Vilariño de Conso. Ademais, houbo 4 alumnos afectados no CEIP Plurilingüe Rodolfo Núñez Rodríguez de Vilardevós.

 

A alerta amarela por neve continuará activa mañá desde primeiras horas da mañá no sur e na montaña de Ourense, e estenderase á montaña de Lugo.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados