Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 11 de enero de 2018
SALCEDA DE CASELAS

Humanización e reorganización do casco urbano de Salceda

Guardar en Mis Noticias.

[Img #38051]

 

O Concello de Salceda de Caselas ven de iniciar as obras para unha nova humanización no seu casco urbano. Trátase, neste caso, da humanización do primeiro tramo da rúa Rafael Tilve Adrio ata o seu entronque coas rúas Compostela e Coruña. Ademáis o inicio da Rúa Coruña forma parte tamén do actual proxecto, ata a entrada do Parque Raíña Aragonta. Con esta obra "búscase a reordenación do tráfico rodado e peonil, coa eliminación de barreiras arquitectónicas. Os peóns adquiren importancia e recuperan unha parte importante do viario, creando un espazo clave na esquina das rúas Compostela, Rafael Tilve Adrio e Coruña, que se tratarán con pavimentación diferenciada e que contará con mobiliario urbano, bancos, arborado, iluminación e xardinería axeitados. Así pois, créase unha praza que se tratará dunha zona de tráfico lento, que separa o peón do vehículo mediante xardineiras e mobiliario urbano" explican. Ademáis "aproveitarase a obra para renovar e mellorar as canalizacións de saneamento e pluviais, para o que xa se realizaron as comprobacións pertinentes por parte do Consorcio do Louro. O proxecto, por un valor de 196.308,14 €, está financiado dentro do Plan Concellos 2016 da Deputación Provincial de Pontevedra" indican fontes municipais.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados