Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 10 de enero de 2018
MOS

“Reflexiones del hombre lengua” do humorista “El Sevilla” chega a Mos o vindeiro domingo

Guardar en Mis Noticias.

Será ás 20.00 horas no Centro Dotacional de Torroso, con entradas anticipadas a 10 euros e 13 euros en taquilla.

Tras o éxito de Manuel Manquiña no ciclo de monólogos mosense IMos Rir, o vindeiro domingo, 14 de xaneiro, chega “El Sevilla” a Mos. O segundo en facer rir á veciñanza mosense no ciclo municipal de monólogos organizado pola concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro será o cómico e cantante andaluz Miguel Ángel Rodríguez, "El Sevilla", o domingo 14 de xaneiro ás 20.00 horas no Centro Dotacional de Torroso, co seu espectáculo "Reflexiones del hombre lengua".

 

[Img #38045]IMos Rir é o nome co que nace o primeiro ciclo de humor que se empezou a desenvolver o pasado 29 de decembro, no auditorio do Centro Dotacional de Torroso. Nace en colaboración entre o Concello de Mos e a Promotora galega de espectáculos Moitamerda Promocións, especializada no desenvolvemento deste tipo de eventos por toda Galicia. As actuacións comezaron co monólogo do actor e humorista galego Manuel Manquiña e continúan o vindeiro domingo con “El Sevilla”.

 

En febreiro será a quenda do mítico cantante, actor e cómico Pablo Carbonell, que estará connosco o domingo 4 ás 20.00 horas, co seu novo monólogo "Para habernos matao".

 

O turno o domingo 18 de marzo ás 20.00 horas chegaralle ao máis grande dos cómicos e contadores de historias da cultura galega, o vilagarcián Carlos Blanco.

 

Abril será o mes no que chegue ao auditorio de Torros o mediático actor catalán José Corbacho, recentemente finalista no programa de TVE, Masterchef Celebrity 2. O domingo 22 de abril ás 20.00 horas representará o seu show "Corbacho 5.0".

 

O broche de ouro poñerao o cómico, actor e escritor vigués Miguel Lago, que triunfa polos teatros de toda España co seu humor acedo e sen censura que engancha ao público en cada un dos seus espectáculos. Será o domingo 13 de maio ás 20.00 horas co seu espectáculo "En directo 2.0".

 

Todos os espectáculos cómicos celébranse no auditorio do Centro Dotacional de Torroso, situado na estrada Puxeiros-Mos. O aforamento do auditorio é de algo máis de 300 persoas. A venda de entradas online é a través da plataforma www.woutick.es e tamén hai puntos de venda física de entradas na cafetería do Centro Dotacional de Torroso, no quiosco Sendín, rúa Pizarro 46 de Vigo, e no JJ Copas, avenida de Galicia 12 de Ponteareas. Os prezos, moi alcanzables en comparación ao que se cobra por estes espectáculos en calquera capital, son de 10 euros máis gastos de xestión se se compra a entrada anticipadamente e de 13 euros se se compra o mesmo día do espectáculo no despacho de billetes do auditorio. Non se recomenda a entrada aos espectáculos a menores de 12 anos.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados