Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 11 de enero de 2018
VIGO

O Campus de Vigo acolle a exposición “Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar"

Guardar en Mis Noticias.

A exposición, promovida pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, poderá visitarse durante este mes no Edificio de Ciencias Experimentais da Facultade de Ciencias do Mar.

[Img #38057]A exposición “Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”, impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, chega ao Campus de Vigo. Así, desde hoxe e ata o vindeiro 10 de febreiro, as persoas interesadas en coñecer a participación e o papel da muller no mundo do mar poderán visitar a mostra no Edificio de Ciencias Experimentais da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo.

 

“Sustentabilidade en feminino” chega a Vigo tras o seu paso pola Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Pontevedra. De feito, foi neste Campus e da man da directora do proxecto, María Álvarez Lires, onde xurdiu a idea de impulsar unha exposición para visibilizar o papel da muller e a súa contribución na economía do mar, poñendo en valor o traballo que as mulleres desenvolveron ao longo dos séculos en relación co mundo marítimo.

 

A mostra, que poderá visitarse na Facultade de Ciencias do Mar ata o vindeiro 10 de febreiro, está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía Aida Fernández. “Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” recolle tamén imaxes, moitas delas inéditas, que serven para recuperar nas aulas o invisibilizado saber das mulleres do mar e promover a igualdade e a acción positiva entre os futuros profesionais e científicos.


Tras o seu paso polo Campus de Pontevedra e de Vigo, a exposición chegará nos vindeiros meses ao Campus de Ourense e ao Museo Massó, aínda que tamén está aberta a empresas, fundacións, asociacións e concellos que así o soliciten á Deputación de Pontevedra, co obxectivo de espallar o papel realizado polas mulleres en relación á economía e cultura marítima.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados