Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 13 de enero de 2018
SALVATERRA DE MIÑO

A Xunta licita a construción da estación de tratamento de auga potable da PLISAN por preto de 6,3 millóns de euros

Guardar en Mis Noticias.

O Diario Oficial de Galicia publica esta semana a licitación das obras de construción da estación de tratamento de auga potable (ETAP) da plataforma loxística industrial Salvaterra – As Neves (Pontevedra) por preto de 6,3 millóns de euros. As obras inclúen a captación de auga no río Miño e un depósito regulador.

 

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 5 de febreiro. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio: https://goo.gl/ETZEsK

 

O Goberno galego licita esta obra segundo o acordado pola comisión de seguimento do condominio da PLISAN que forman a Autoridade Portuaria de Vigo, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta.

 

O investimento será achegado polos tres membros do condominio en función da súa participación no mesmo:

  • Autoridade Portuaria de Vigo: 60,580 %.
  • Xunta: 18,295 %
  • Consorcio da Zona Franca de Vigo: 21,125 %

 

O prazo total de execución será de 22 meses, dos que os 10 primeiros corresponderán ás obras de construción da ETAP e os 12 restantes á súa posta en marcha e explotación.

 

Actualmente na PLISAN están rematadas as obras dos sistemas xerais, nas que se investiron preto de 11 millóns de euros, e xa se adxudicou a redacción do proxecto e construción da estación depuradora de augas residuais da Plisan por importe de máis de 3,1 millóns de euros. A adxudicación inclúe a construción da depuradora, accesos á mesma, colectores de entrada e saída, acometida eléctrica e outros traballos necesarios para a posta en marcha da mesma, así como o mantemento das instalacións durante os tres primeiros anos.

 

Por outra parte, o Consorcio da Zona Franca de Vigo licitou o pasado 23 de decembro as obras de urbanización da zona LE (Loxístico empresarial) por un importe que supera os 10,13 millóns de euros achegados polos tres organismos que compoñen o condominio.

 

Con estas actuacións a primeira fase da PLISAN quedará dispoñible para a implantación na mesma das empresas interesadas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados