Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 12 de enero de 2018
O PORRIÑO

Manuel Carrera: "o actual presidente do PP “non é exemplo algún de cómo xestionar os asuntos municipais”

Guardar en Mis Noticias.

O tenente de de alcalde e concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, vén de lamentar "a hipocrisía do novo presidente do Partido Popular do Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo, en relación coas súas declaracións sobre o estado do Pavillón Municipal".


Manuel Carrera lembra que "Lorenzo foi concelleiro de Deportes e que á vista da súa xestión primeiro, non é exemplo algún de cómo deben de facerse as cousas no Concello e, segundo, o que debería de facer, á vista do seu labor municipal, é estarse ben calado”.


Carrera sinala que "xa dende o ano 2010, cando o señor Lorenzo era concelleiro de Deportes, pedíuselle en moitas ocasións, que afrontase o problema do estado de conservación do Pavillón Municipal e durante 5 e anos e medio non fixo absolutamente nada de nada, como pode comprobarse moi doadamente”.


"Non so iso", indica o tenente de alcalde, "senón que o presidente do Partido Popular do Porriño coñece á perfección que está ozamentada unha partida para realizar as melloras que precisa o Pavillón e que o inicio das obras está pendente so do cambio das condicións meteorolóxicas. O que pretende agora é que se crea que as obras se realizan pola súa ‘denuncia’ e non porque xa estaban previstas, como o señor Lorenzo sabe dende hai moito tempo”.


Manuel Carrera lembra que "foi o actual Goberno local o que tivo que arranxar no ano 2016 o estado do vaso da piscina que levaba anos con filtracións, que aínda que Manuel Alejandro  Lorenzo coñecía polas constantes queixas e avisos dos usuarios, non amañou”, permitindo que as instalacións se deteriorasen e se incrementase o prezo das reparacións que, finalmente, pagaron os porriñeses”.


Polo que se refire á ‘Sa de Cardio’, Manuel Carrera subliña que "o novo presidente do PP local coñece, de sobra, que a súa mellora estaba contemplada no prego de condicións das obras da piscina e que as máquinas que hai non poden venderse legalmente porque a empresa concesionaria da mesma está en concurso de acredores".


Como “exemplo da desastrosa xestión de Manuel Alejandro Lorenzo á fronte da Concellería de Deportes durante 5 anos e medio", Manuel Carrera indica que "non hai que esquecer que en 2015, foi preciso reparar, de novo, o céspede artificial do Campo de Fútbol de Pontellas logo de que un ano antes, o señor Lorenzo, como concelleiro de Deportes, e en contra do consello dos técnicos e da propia empresa, ordenase colocar baixo o mesmo 5 centímetros de área, o cal deixou o campo case que impracticable e, o que é peor: requiriu o gasto de 60.000€ das veciñas e veciños do Porriño por mor da incompetencia deste señor”.


No caso do Campo do Mosende, "o mesmo ano 2015 houbo que facer reformas logo de que, baixo o mandato de Manuel Alejandro Lorenzo, se colocase sobre anacos de áridos e o anunciado drenaxe do 50% da auga non chegase nin ao 10%. Chama a atención que a empresa adxudicataria desa obra fose a do adestrador do equipo de fútbol do anterior alcalde” explica.


Ademais, “por se fose pouco, houbo que modificar as medidas do campo, que non estaban homologadas e haberá que levantar o mesmo e facer melloras que superarán os 60.000€, todo pola impresentable xestión do actual presidente do Partido Popular do Porriño na súa época de concelleiro de Deportes”.


Por todas estas circunstancias, “Manuel Alejandro Lorenzo non pode dar lección algunha de xestión, nin na Concellería de Deportes nin noutras que tivo baixo a súa responsabilidade, e debería aplicarse o que di o presidente nacional do seu partido e entender que en política non todo vale”, explica Carrera

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados