Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 11 de enero de 2018
PONTEAREAS

O xurado concede o VII premio Fermín Bouza Brey a Lois Ladra

Guardar en Mis Noticias.

O traballo “A lamprea nas terras do Condado” gaña esta nova edición.

[Img #38077]

 

O xurado do VII premio Fermín Bouza Brey analizados os catro traballos presentados e tras unha ampla deliberación decide conceder o premio ao traballo presentado co título “A lamprea nas terras do Condado: Aspectos etnolóxicos da pesca fluvial e artesanal e do patrimonio fluvial o río Tea” de Lois Ladra.


O xurado, composto polo Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; a Concelleira de Cultura, Hortensia Bautista; Alfonso Caride de Losada, como representante da Universidade de Vigo; Pablo Otero Piñeyro Maseda, do Instituto Estudios Galegos Padre Sarmiento; José César Llana Rodríguez, do Consello Galego de Museos; Rebeca Blanco Rotea, representante do Consello da Cultura Galega e Gonzalo Fernández Álvarez como secretario do citado xurado; valorou que se trata dun traballo “abarcable, concreto e transversal”.

 

Co Premio de Investigación Fermín Bouza Brey o concello ponteareán quere lembrar o nacemento, na vila do Tea, do ilustre polígrafo e poeta.

 

Trátase, segundo a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, “honrar a súa memoria e sobre todo o seu traballo de investigación sobre a cultura deste país”. Paralelamente, matiza a responsable de Cultura do Concello de Ponteareas, “o premio permite promover a investigación científica sobre Ponteareas e a comarca do Condado, co que iso supón de afondamento na nosa identidade cultural”.

 

O premio está aberto aos proxectos de investigación científica nos eidos da historia, arte, arqueoloxía, etnografía, literatura ou ciencias sociais e que, obrigatoriamente, terán que ter como referente o municipio de Ponteareas e, complementariamente, a comarca do Condado.


Os 3.000€  de premio serán entregados en dúas partes, o 25% entrégase unha vez fallado o premio e o outro 75% restante á entrega do traballo de investigación─ dito proxecto debe presentarse cunha memoria onde figuren os obxectivos, metodoloxía, periodización, recursos a empregar, e temporalización do traballo, entre outros.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados