Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 13 de enero de 2018
GONDOMAR

III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia

Guardar en Mis Noticias.

[Img #38097]A partir do vindeiro domingo 14 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.


Co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar e organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns, ten como obxectivo fomentar e coordinar actividades dirixidas a potenciar tanto a creatividade teatral como a representación.


A programación constará dun total de cinco pezas teatrais interpretadas por Bertorella, A xesta vermella, Pritis- Guomis, A Moura e Os cabalos rosas brincan no patín.


A entrada será gratuíta e para todos os públicos.  


Programación

Domingo 14 de xaneiro- 18.00h
Os pintores clónicos representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 20 de xaneiro- 20.30h
Pola culpa de Gayoso, representada por A xesta vermella de Borreiros.

Domingo 21 de xaneiro- 18.00h
Pataclown, representada por Pritis- Guomis de Gondomar.

Sábado 27 de xaneiro- 20.30h
Tecendo mentiras, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 28 de xaneiro- 18.00h
O espantallo, representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados