Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 11 de enero de 2018
MOS

A Xunta realiza en Mos unha investigación demandada polo Concello sobre a posible afección por lindano

Guardar en Mis Noticias.

O estudo ten unha duración de tres meses, tempo tras o que se farán públicos os resultados obtidos para tranquilidade da veciñanza mosense.

O Concello de Mos informa de que a Xunta de Galicia está a realizar en Mos dende o pasado mes de decembro unha análise de lindano en determinadas zonas do termo municipal, tras solicitude da mesma por parte da administración local o pasado mes de novembro.

 

O devandito estudo pretende garantir á veciñanza mosense que non exista rastro de contaminación por lindano nas zonas do termo municipal máis próximas ao porriñés polígono de Torneiros, tal é o caso das parroquias mosenses de Pereiras e Sanguiñeda e, concretamente dentro das mesmas, en Pereiras a contorna da empresa Syngenta no barrio de San Rafael ó redor da Avenida da Florida e da Estrada PO 331 Porriño-Gondomar; a zona do Cristo de Belén en torno á rotonda que enlaza coa PO 331 e o núcleo de Agueiro e, en Sanguiñeda, na Avenida de Sanguiñeda na contorna do Colexio Mestre Valverde Maio.

 

A empresa que está a realizar o estudo, que ten unha duración de tres meses, é Eptisa Servicios de Ingeniería, e foi contatada pola Xunta. Trátase dun estudo pormenorizado dos solos e augas das zonas enumeradas, que son as que poderían ser sensibles de conter algún vestixio de contaminación por lindano.

 

O informe de afeccións de contaminación de solos e augas subterráneas asociadas nas zonas detalladas constará de investigación analítica exploratoria, avaliación documental e valoración da situación ambiental, do que se extraerá unha valoración final dos resultados obtidos e accións e/ou medidas futuras a adoitar de ser necesario. Nas zonas predefinidas a estudar, que son as antes mencionadas, localizaranse uns puntos de control en base ao estudo histórico; para cuxa localización elabórase a cartografía necesaria para identificar correctamente a súa ubicación.

 

O Concello de Mos logrou que as Consellerías de Medio Ambiente e Sanidade, que traballan conxunta e coordinadamente para protexer a saúde da poboación na problemática do lindano, puxesen en marcha este estudo pormenorizado que disipe calquera dúbida a este respecto para tranquilidade da veciñanza mosense.

 

A este respecto a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declaraba hoxe que “cónstanos que algún partido político da oposición xa está a mover fíos sobre o asunto do lindano co obxectivo de sacar rédito político deste tema, polo que pido, por favor, que non se cree unha alarma social para satisfacer intereses políticos”. Arévalo, rexedora local mosense, insistiu esta mañá en que “como alcaldesa fun a primeira en tomar medidas neste asunto demandando á Xunta o pertinente informe, polo tanto agora dende esta Alcaldía non se tolerará que ninguén veña a dar ordes ou dicir o que hai que facer ou como hai que actuar -para beneficiarse políticamente-, posto que os pasos correctos xa están dados”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados