Domingo, 07 de Septiembre de 2025

Xornal21
Viernes, 19 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Leccións caninas para acadar obxectivos en equipo

A Concellería de Ensino leva ás aulas a educación en valores asistida por cans de terapia.

[Img #38200]

 

A Concellería de Ensino pon en marcha o ciclo de obradoiros sobre Educación en Valores Asistidos por Cans de Terapia en Entornos Educativos, dirixido a alumnado NEAE e o alumnado das súas aulas en xeral. A empresa Yaracán leva ás aulas o proxecto “Catro patas de apoio” aportando os beneficios de traballar con cans nos centros educativos.


Nas escolas realizarán unha actividade transversal que educa en valores e traslada ao alumnado a responsabilidade da tenencia de mascotas.


Cooperación versus obediencia e segundas oportunidades frente a castigos son as señas de identidade deste proxecto que segundo explica Julia Correa, de Yaracán, pretende fomentar o traballo en equipo, a autonomía, a comprensión, a empatía e ensina aos escolares a porse no lugar do outro; a acadar un obxectivo común incentivando ao compañeiro.


A Concelleira de Ensino, Cristina Fernández, destaca a importancia de innovar e actualizar os distintos métodos de ensino, por iso dende a súa concellería facilitan diferentes ferramentas novidosas aos centros educativos.


Elisabeth Pregal, directora do CEIP Santiago de Oliveira agradece á concellería que achegue este tipo de actividades aos centros escolares ao supor oportunidades únicas de fomentar con prácticas valores como o compromiso e o respeto.


Yaracán é unha organización que se define como “socialmente responsable” que tenta que os beneficios que aportan os animais acaden aos seres humanos menos favorecidos. Dende os seus comezos gran parte da súa actividade foi dirixida ao desenvolvemento de programas solidarios e de investigación.

 

 

 

 

O proxecto Yaracán aterra en Ponteareas para ensinar aos escolares a importancia da empatía, o respeto ou a cooperación

 

 

 


Yaracán recibíu o premio de responsabilidade social na categoría de Pymes da Fundación Corresponsables no 2012 e resultou finalista no ano 2015.


A Concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, que asistíu a unha das actividades, estuda a posibilidade de ofrecer estes talleres aos maiores de Ponteareas e as/os alumnos do Taller Ocupacional de Asprodico.


Estes obradoiros vanse impartir en aulas con alumnado NEAE, con necesidades especiais de atención educativa, buscando sempre a mellora da calidade educativa e a inclusión.


O proxecto de Yaracán chegará ao resto dos centros escolares de Ponteareas ao longo deste mes de xaneiro e febreiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.