Tras
o traslado, a principios deste mes, da Oficina Municipal de Turismo
ás súas novas dependencias na céntrica Praza de San Fernando ao
carón da Catedral de Santa María, o Concello de Tui acordou a
cesión da caseta de madeira que acollía esta Oficina de Turismo ao
Club Tenis Tui.
Na mañá do pasado 22 de agosto foi trasladada esta caseta ata as pistas polideportivas de Areas, xunto ao Parque Empresarial, nas que adestran os membros do Club de Tenis Tui. Con esta caseta o Club disporá dun espazo para gardar o material que empregan nos adestramentos.
O Club Tenis Tui que leva algo máis dun ano constituído conta na actualidade con case 80 alumnos de todas as idades que acoden regularmente aos adestramentos naquelas pistas de Areas.