Lunes, 27 de agosto de 2012
ponteareas

ADAPTA ofrece ximnasia de mantemento para mulleres do Condado Paradanta

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

Para poder desenvolver esta actividade ten que haber como mínimo dez mulleres apuntadas, unha cantidade que polo de agora non se contempla

A asociación de discapacitados do Condado e Paradanta (ADAPTA), entidade que forma parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI) inicia o martes, 4 de setembro, unha actividade de ximnasia de mantemento dirixida a mulleres.


Subvencionado pola Deputación de Pontevedra, a través do programa Pensa en ti, esta actividade está destinada a mulleres principalmente, aínda que por cada 10 mulleres que participen, pode facelo tamén un home.


É fundamental para que se desenvolva este programa, tanto durante este ano como en vindeiros, que haxa un mínimo de dez persoas participando, unha cantidade que a Deputación esixe para non suspendela. Por iso dende ADAPTA piden a máxima difusión entre a veciñanza.


Cun custe total de 10 euros para as persoas asociadas á entidade ADAPTA e 15 euros para as que non o son, cantidade que se abonaría ao iniciar a modo de matrícula, o curso desenvolverase durante os martes e os xoves en horario de 19:00 a 20:30 h. no centro Asprodico (baixo, barrio de Canedo s/n Ponteareas).


As clases de ximnasia de mantemento rematarían o 13 de novembro e non é preciso ter unha discapacidade para poder participar nesta actividade. Para as persoas interesadas en asistir, o teléfono de contacto é 662 947 289 en horario de luns a xoves e de 9:00 a 14:00 horas.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados