Esta foi unha etapa moi técnica, rápida e con moitas curvas. A de mañá será a duodécima etapa cun percorrido de 190 quilómetros entre Vilagarcía de Arousa e Dumbría.
O
sueco Fredrik Kessiakoff (Astana) tivo que esperar moito para poder
celebrar hoxe a súa vitoria na undécima etapa da Volta a España,
unha contra o reloxo de 39,4 quilómetros entre Cambados e
Pontevedra, coronada polo Monte Castrove, de terceira categoría, no
centro da mesma. Kessiakoff, que conseguiu que parara o crono en 52
minutos e 36 segundos, non puido levantar os brazos ata que Contador
(segundo a 17 segundos) e Chris Froome (terceiro a 39 segundos)
cruzaron a liña de meta.
Na
loita pola clasificación xeral, Joaquim Rodríguez, do Katusha Team,
aguantou ó maillot vermello por só un segundo respecto ao
madrileño. Na xeral o británico Froome (3º), que se sitúa a 16
segundos, mentres que Alejandro Valverde (Movistar) é cuarto a 59
segundos.
Esta foi unha etapa moi técnica, rápida e con moitas curvas. A de mañá será a duodécima etapa cun percorrido de 190 quilómetros entre Vilagarcía de Arousa e Dumbría.