Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 4 de marzo de 2018
GALICIA

UGT-Galicia: o paro continúa cebándose coas mulleres e cos máis mozos

Guardar en Mis Noticias.

As mulleres galegas representan o 56,4% do total dos desempregados e, mentres no resto de idades o paro baixa, entre os máis mozos medra nun 2,7%.

Os datos do paro rexistrado facilitados polo INE evidencian que, "aínda que baixa timidamente o desemprego, este segue afectando máis ás mulleres que aos homes. Os mozos, os menores de 25 anos, tamén volven a ser diana do desemprego que baixa no conxunto de idades pero medra un 2,7% entre os mozos galegos" segundo manifestan dende o sindicato UGT-Galicia.


Ademais, UGT-Galicia pon de manifesto que "a precariedade continúa cebándose co mercado laboral galego, no que tan só o 10,63% dos contratos asinados foron indefinidos, e coas persoas desempregadas, xa que as taxas de cobertura por desemprego rexistraron unha nova caída anual e xa non superan o 55,7%".

 


URXE DERROGAR A REFORMA LABORAL QUE


Para UGT-Galicia, urxe derrogar xa unha Reforma Laboral que está a danar moi seriamente ao mercado de traballo dende o ano 2102, mermandoo e precarizándoo. Unha economía que medra a un ritmo do 3,1% non pode permitirse estas cifras de desemprego e precariedade. É evidente que segue habendo unha fonda crise de emprego e que non se está facendo partícipe da recuperación económica ás familias galegas.


Entrando polo miúdo nas estatísticas, estas indican que en Galicia no mes de febreiro o desemprego caeu nun 0,88%, habendo así 188.207 persoas desempregadas, 1.679 menos que no mes de xaneiro.

 


En termos interanuais, a contracción foi do 11,2%, 23.717 persoas desempregadas menos.


Por sexos, as mulleres seguen a ser as máis prexudicadas, non conseguen entrar no camiño da tímida mellora da economía. Mentres entre os homes o desemprego caeu no mes nun 1,4%, no caso das mulleres o fixo tan só nun 0,5%. De feito, estas representan o 56,4% do total das persoas desempregadas que hai en Galicia. É dicir, 82.033 homes desempregados, fronte a 106.174 mulleres. En termos interanuais compróbase tamén esta fonda brecha por sexos. O desemprego cae entre os homes nun 14,7%, fronte á baixada dun 8,3% das mulleres.


Outro colectivo que sofre dun xeito máis incisivo as carencias do mercado laboral galego son os máis mozos, os menores de 25 anos. Neste caso, o desemprego medrou no mes nun 2,7%, evolución contraria á rexistrada no conxunto de idades. No ano a baixada foi inferior tamén ao resto de idades, de tan só un 9%.


Por sectores de actividade, o paro caeu en todos, excepto no colectivo de sen emprego anterior, onde medrou nun 1,3%. No que máis se contraeu foi no sector da construción, o 2,5%, na industria baixou un 1,6%, nos servizos un 0,8% e na agricultura un 0,4%.


Interanualmente, o descenso máis acusado foi na construción, cunha baixada dun 23,3%; na industria, un 15,1%; no sector primario, cunha baixada dun 13,1%. Pero, en termos absolutos, a maior contracción rexistrouse no sector servizos, no que baixou o desemprego en 12.343 persoas.


Segundo os datos de contratación, asináronse 69.200 contratos no mes, baixando esta en 11.070 contratos en relación a xaneiro. Do total de contratos asinados, tan só o 10,63% foron indefinidos.

 


CASE 93.000 DESEMPREGADOS SEN COBERTURA


UGT-Galicia denuncia que a cobertura por desemprego continúa baixo mínimos. O número de beneficiarios de prestacións foi en xaneiro (último dato dispoñible) de 97.226 persoas, 7.325 menos que hai un ano. Queda así a taxa de cobertura nun 55,7% (59,2% no resto do Estado), deixando fóra do sistema a 75.803 desempregados. Cifra que ascende aos 92.660 se se teñen en conta tamén ás persoas desempregadas que non teñen dereito á cobertura.

 


A GRAN MAIORÍA DA COBERTURA POR DESEMPREGO É DE CARÁCTER ASISTENCIAL


A precariedade no desemprego afecta non só pola cantidade de persoas que están á marxe do sistema de protección, senón pola contía das prestacións. Tan só 43.792 persoas son beneficiarias de prestacións por desemprego de carácter contributivo, o 45% do total, cun importe medio de 792,9 euros ao mes. Pero a gran maioría da cobertura por desemprego é de carácter asistencial, ben sexa por subsidios (41.893); renda activa de inserción (9.256); ou programa de activación do emprego (2.285).


Finalmente, en termos de afiliación á Seguridade Social os datos non son bos tampouco. En febreiro a afiliación foi de 978.489. Seguimos afastados do millón de afiliados que se rexistraban antes da crise.

 

 

GALICIA

Febreiro 2018

VARIACIÓN SOBRE

 

 

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

 

 

 

%

%

 

 

DESEMPREGO

 

 

Nº desempregados rexistrados

188.207

-1.679

-0,9

-23.717

-11,2

 

 

* homes

82.033

-1.158

-1,4

-14.163

-14,72

 

 

* mulleres

106.174

-521

-0,5

-9.554

-8,26

 

 

Nº parados mozos < 26 anos

9.136

244

2,7

-903

-9,0

 

 

Nº desempregados por sectores*

 

 

 

 

 

 

 

* agricultura

7.077

-25

-0,4

-1.063

-13,1

 

 

* industria

21.287

-343

-1,6

-3.784

-15,1

 

 

* construción

17.825

-461

-2,5

-5.402

-23,3

 

 

* servizos

126.480

-1.048

-0,8

-12..343

-8,9

 

 

* sen emprego anterior

15.538

198

1,3

-1.125

-6,8

 

 

Beneficiarios prestación por desemprego (xaneiro)

97.226

 

 

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (xaneiro)

55,70

 

 

Parados totais sen ningún tipo de prestación (xaneiro)

92.660

 

 

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

 

 

Nº contratos

69.200

-11.070

-13,8

6.877

11,0

 

 

Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

7.355

-256

-3,4

1.007

15,9

 

 

Nº contratos temporais

61.845

-10.814

-14,9

5.870

10,5

 

 

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

 

 

Nº afiliados/cotizantes (datos provisionais)

973.462

5.027

0,5

24.926

2,6

 

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS

 

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados