Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 10 de marzo de 2018
PROVINCIA

Batería de medidas na provincia para que os concellos da provincia poidan cumprir coa nova lei de contratos

Guardar en Mis Noticias.

Camela Silva lamentou que “unha vez máis é a Deputación quen non deixa solos aos concellos ante un Goberno que aproba unha lei sen dotar dos recursos para poder cumprila”.

[Img #39566]

 

Ante a entrada en vigor este venres da nova Lei de Contratos do Sector Público, a presidenta da Deputación de Pontevedra anunciou onte en rolda de prensa que a institución provincial, tras tomar medidas para adaptar a institución provincial ás modificacións, porá a disposición dos concellos da provincia os recursos necesarios para que poidan cumprir coa nova lei.

 

Carmela Silva criticou que “novamente o Goberno pon en marcha unha nova lei sen dotar de recursos aos organismos locais e amais dando moi pouco prazo”. Así, tamén anunciou que “como sabemos que isto está xerando unha enorme preocupación nos concellos, especialmente nos máis pequenos, unha vez máis será a Deputación de Pontevedra a que faga fronte a esta ausencia de recursos para que os gobernos locais poidan cumprir coa aplicación da nova lei”. A presidenta deixou claro que “non imos deixar solos aos concellos e por iso vamos a levar a cabo unha serie de actividades para que se poida afrontar a implantación da norma”.

 

Co obxectivo de asumir coa maior rapidez posible a adaptación as novas esixencias da Lei, a Deputación de Pontevedra porá á disposición dos concellos unhas plantillas cos modelos máis típicos de contratos para que podan usarse polos técnicos municipais e contacto directo cos técnicos e técnicas da Deputación para solventar as dúbidas. Amais, a mediados de abril celebrarase unha xornada para os concellos cos principais expertos e expertas do país en materia de contratación pública, e convocaranse talleres personalizados para os técnicos e técnicas municipais a fin de coñecer certos aspectos dos novos modelos de contratos dun xeito máis directo de formación práctica.

 

 

 

 

A Deputación organizará en abril unha xornada para os concellos cos principais expertos e expertas do país en contratación pública e convocaranse talleres personalizados

 

 

 

 

En canto á propia Deputación de Pontevedra, Carmela Silva sinalou que “fixemos un esforzo para poñer en marcha medidas co fin de adaptar as nosas propias estruturas para poder cumprir a lei” e aproveitou para “recoñecer o traballo feito polos funcionarios e funcionarias que permitiron poñer en marcha isto e así conseguir que a Deputación de Pontevedra volva a cumprir cos prazos marcados”.

 

A Presidenta detallou que “neste tempo de adaptación formamos a máis de cen funcionarios e funcionarias, implantamos unha nova plataforma electrónica para a licitación de todos os contratos públicos, adaptamos os  documentos e procesos para o uso da nova plataforma, adaptamos a web para a licitación electrónica, que comeza hoxe a funcionar, e xa lle explicamos a todos os nosos provedores como imos a funcionar a partir de agora”.

 

Entre outros moitos aspectos a nova lei suporá que a partir de hoxe todas as licitacións da Deputación fanse de xeito electrónico. De feito hoxe mesmo está previsto que salgan a licitación dous expedientes xa unicamente en sistema electrónico.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados