Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Domingo, 11 de marzo de 2018
GALICIA

Felix deixa preto de 400 incidencias na nosa Comunidade

Guardar en Mis Noticias.

[Img #39593]

 

O Centro de Atención ás Emerxencias- 112 Galicia leva xestionadas dende o inicio do temporal ata agora un total de 378 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adverso que está a afectar á nosa comunidade autónoma, das cales 223 foron a partir das 18 horas.


En total, foron xestionadas 378 incidencias, das cales a provincia de A Coruña foi a máis afectada con 174 incidencias, seguida da provincia de Pontevedra, con 140; Ourense con 26 e Lugo con 38 incidencias xestionadas.


Os concellos máis afectados foron Bergondo, Boiro, Cee, Brión, Padrón, Rianxo, Rois e Santiago de Compostela, na provincia de A Coruña; e Moaña, Pontevedra, O Rosal, Sanxenxo, Vigo e Vilanova de Arousa, na provincia de Pontevedra.


En canto á tipoloxía, a maioría das incidencias tiveron que ver con árbores e polas nas estradas, e obxectos e restos varios nas estradas, derrubamentos e anegamentos. No concello de A Laracha, houbo dúas persoas feridas pola caída dunha árbore encima dun coche.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados