Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 12 de marzo de 2018
MOS

Avanzan a bo ritmo as obras de acondicionamento e humanización do nó de Sanguiñeda

Guardar en Mis Noticias.

Este mes quedarán rematados os traballos na Rúa Progreso para continuar pola rotonda da Costilleta.

[Img #39617]

 

Esta mañá realizouse unha visita ás obras de acondicionamento e humanización do nó de Sanguiñeda entre as estradas N-120 e a N-550 na que estiveron presentes o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, o Xefe Territorial de Infraestruturas e Vivenda en Pontevedra, José Luis Díez, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso.


Os traballos avanzan a bo ritmo e conforme aos prazos establecidos, de xeito que neste presense mes de marzo rematarase íntegramente a humanización da Rúa Progreso para pasar a continuación a iniciar labores dentro da propia rotonda da Costilleta.


Os traballos comezaron a principios de ano na devandita Rúa Progreso coa resolución do saneamento separativo de acometida de canalizacións separadas para as auguas pluviais e fecais, coa instalación da tubería para o abastecemento de auga potable e coa execución dunha tubería que atravesa a Rúa Progreso por completo e que permite separar o saneamento de augas pluviais e fecais.


A de acondicionamento e humanización do nó de Sanguiñeda trátase dunha das obras máis importantes da presente lexislatura no Concello de Mos. Sobre a mesma a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, declaraba hoxe que “tratábase dunha obra enormemente demandada pola veciñanza, polo que dende o equipo de goberno celebramos que sexa por fin unha realidade e agradecemos o apoio da Xunta de Galicia, xa que un proxecto de tal envergadura non sería posible sen contar con financiación autonómica”.


Este proxecto de acondicionamento e humanización do nó de Sanguiñeda é posible grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello de Mos e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Infraestruturas, que financia íntegramente a obra cun investimento que ascende a algo máis de 1 millón de euros. Este convenio terá vixencia ata finais do ano 2019.

 

O acondicionamento do nó de Sanguiñeda abrangue o tramo entre as estradas N-120 e a N-550. Esta mellora nace da necesidade, por parte do Concello de Mos, de adoptar medidas para a humanización e a mellora da accesibilidade dos peóns no nó de Sanguiñeda, polo que solicitou a colaboración do Goberno galego para a súa urbanización. Esta vía de titularidade local sitúase entre a Autovía A-55 e a estrada N-550, na zona limítrofe entre os municipios de Mos e Porriño, e conta cun tráfico importante de acceso aos núcleos próximos.

 

O Executivo autonómico subvenciona a actuación, por algo máis dun millón de euros, importe no que están incluídos os gastos de execución das obras e os dos contratos accesorios de servizos para o control das mesmas. Pola súa banda, o Concello de Mos contratou e executa as obras.

 

Previamente á licitación da obra, a administración local mosense asumiu a titularidade dos primeiros 160 metros da PO-329 (Sanguiñeda-Torneiros), ata o límite co Concello do Porriño. Trátase do tramo da denominada Rúa Progreso por onde se iniciaron as obras obxecto do convenio.

 

A actuación no nó de Sanguiñeda ten por obxecto mellorar da seguridade viaria e reordenar os espazos, dando maior protagonismo aos tráficos peonís, polo que abarca as seguintes zonas:

  • As glorietas do nó: a da “Costilleta”, no enlace baixo a A-55, que serve de intersección entre a avenida Sanguiñeda, a PO-511 e a rúa Progreso (PO-329); e a das Angustias, que conecta a N-550 coa N-120, a avenida de Galicia e a rúa Ramiráns.
  • A vía  existente entre as dúas glorietas: de 265 metros de lonxitude, que pasa sobre a vía de ferrocarril; ten actualmente dous carrís de circulación de 3,5 m de ancho e beiravías de menos dun metro, polas que transitan a pé e de maneira pouco segura os usuarios do  entorno
  • Os tramos que non se atopan urbanizados ou que é preciso renovar das restantes rúas indicadas nas aproximacións ás glorietas.  

 

As actuacións adáptanse ás aliñacións urbanísticas vixentes, tal é o caso das beirarrúas desde a glorieta das Angustias ata a da Costilleta; a reordenación da sección transversal nos accesos ás glorietas, reducindo as beiravías para incrementar o ancho das beirarrúas; e as beirarrúas da N-550 e da rúa Ramiranes, polas que discorre o Camiño Portugúes, que se executarán con pedra granítica.

 

Así mesmo, levarase a cabo a creación dunha zona de aparcadoiro entre a rúa Ramiráns e a Avenida de Galicia; mellorarase a rede de drenaxe e a rede de alumeado público; rehabilitarase o firme das vías, mediante fresado da rodadura e extensión dunha nova capa; e a sinalización, balizamento e varandas para protección de peóns, ademais de dotar de mobiliario urbano e xardinería.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados