Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 13 de marzo de 2018
TOMIÑO

As antigas xeracións de panadeiros e panadeiras de Tomiño reunidas por primeira vez

Guardar en Mis Noticias.

Organizaron unha comida este domingo 11 na que participaron 25 profesionais xa retirados de todos os establecementos do municipio.

[Img #39625]

 

Falar dos vellos tempos e tamén dos novos pero, sobre todo, verse e compartir un rato xuntos. Con este obxectivo este domingo 11 de marzo celebrouse en Tomiño o primeiro encontro de panadeiros e panadeiras e pasteleiros e pasteleiras de toda a localidade, no que participaron as primeiras xeracións de traballadores e traballadoras de todos os obradoiros do municipio, a maioría deles e delas agora xa xubilados.


Arredor de 25 persoas de entre 60 e 80 aos déronse cita no Candil de Tomiño para comer xuntos, recordar “anécdotas vellos e rememorar como funcionaba todo antes, hai anos, cando todo se facía a man”, conta Marcos Castro, terceira xeración de panadeiros de Camiño Novo e organizador desta xuntanza. A idea era “xuntalos porque algúns fai moitos anos que no se ven” e que pasaran un anaco entretido xuntos.


Aínda que moitos deles xa non están a traballar si que viviron de primeira man a evolución no funcionamento da panadaría e da pastelaría, onde pasaron de facer todo a man a utilizar máquinas ou de repartir o pan polas casas en burro a empregar coches e furgonetas, que fan o traballo máis rápido e cómodo. “Moitos deles viviron épocas duras, como a de posguerra, e aínda que tiñas un negocio daquela non sempre pagaban con cartos, as veces o cobro era en fariña que logo ti empregabas para facer máis pan”, explica Castro.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados