Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 13 de marzo de 2018
O PORRIÑO

A alcaldesa do Porriño reúnese cos representantes da Comunidade de Montes de Atios

Guardar en Mis Noticias.

Tal e coma e comprometera logo de coñecer a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia  número 3 do Porriño, en relación coa titularidade das canteiras de Atios, a alcaldesa, Eva García de la Torre, manterá unha xuntanza con representantes da Comunidade de Montes desta parroquia o vindeiro mércores, día 14, ás 10 e media da mañá.


No seu día, García de la Torre sinalara que tiña a “obriga legal e moral e a responsabilidade de defender  os bens patrimoniais das veciñas e veciños do por Porriño”, e adiantara que, en base a este feito, o Concello recorrería a resolución xudicial, ao tempo que amosaba toda a súa consideración e respecto polas comunidades de montes e polos dereitos históricos que representan.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados