Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 12 de marzo de 2018
PROVINCIA

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de español

Guardar en Mis Noticias.

A Deputación organiza tres novos cursos gratuítos que servirán para preparar ás persoas inmigrantes para a obtención do Diploma de Español como Lingua Estranxeira (DELE).

[Img #39630]

 

Por segundo ano consecutivo, a Deputación de Pontevedra organizará cursos gratuítos de español para preparar ás persoas inmigrantes para a obtención do Diploma de Español como Lingua Estranxeira (DELE). En concreto serán tres novos cursos os que impartiranse no Pazo Provincial da Deputación e na sede de Vigo entre maio e setembro deste ano. As persoas destinatarias, que poderán inscribirse ata o vindeiro 2 de abril, serán persoas inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que precisen  preparar o exame do DELE A2 para a obtención da nacionalidade española.

 

Os dous primeiros cursos terán lugar no Edificio Administrativo da Deputación en Pontevedra e na sede de Vigo respectivamente e comezarán o 21 de maio para rematar o 5 de xuño. Ambos terán horario de 9.30 a 12.30 horas e contarán con dúas xornadas de repaso os días 10 e 11 de setembro, xa que o exame para as persoas inscritas nestas quendas será o 14 de setembro. Por último, o 17 de setembro comezará na sede da Deputación en Vigo o terceiro curso. Este alongarase ata o 2 de novembro e tamén terá un horario de 9.30 a 12.30 horas. As dúas clases de repaso serán o 5 e o 6 de novembro e o exame o 10 de novembro.  Para os tres cursos o número máximo de participantes é de 20 persoas.

 

Estes cursos están orientados á obtención do nivel A2 de español no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) expedido polo Instituto Cervantes, requisito necesario para a adquisición da nacionalidade española. Para obtelo é necesario superar unha proba que precisa dunha preparación previa, cun custo económico, que dificulta o acceso á nacionalidade española para un determinado sector da poboación, impedíndolle o seu proceso de integración na provincia e favorecendo procesos de exclusión social.

 

 

 

 

O pasado ano, máis do 80% do alumnado que fixo os cursos superou a proba podendo deste modo solicitar a nacionalidade española

 

 

 

 

Os cursos que promove a Deputación pretenden impedir esta situación e facilitar que todas as persoas inmigrantes teñan a posibilidade de acceder á preparación do DELE. Para acadalo, a institución provincial organiza catro cursos de español gratuítos, no Pazo Provincial e na Sede da Deputación en Vigo, dirixidos ata un máximo de 60 persoas inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que precisen preparar o exame do DELE para a obtención da nacionalidade española.

 

Os cursos, que serán integramente subvencionados pola Deputación incluíndo o custe de matrícula do DELE, serán impartidos por persoal docente do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo. En xeral, mediante esta formación prepararase ás persoas inmigrante para poder realizar probas de compresión de lectura, de comprensión auditiva, de expresión e interacción escrita e oral.

 

As solicitudes poderán presentarse, no Rexistro xeral da Deputación, en calquera das súas oficinas de rexistro e no Rexistro electrónico sede.depo.gal. O formulario de solicitude estará á disposición das persoas solicitantes en www.depo.gal e nas oficinas de rexistro da Deputación en Pontevedra e en Vigo.

 

Na convocatoria do ano 2017 recibíronse un total de 56 solicitudes de persoas coas seguintes nacionalidades: Marrocos, Ghana, Costa de Marfil, Nixeria, Senegal, Serra Leona, Romanía, Brasil, Reino Unido, Rusia e Ucraína.

 

Os resultados dos exames realizados ata o momento foron moi positivos resultando que o 80,64% do alumnado superou a proba DELE (Diploma de Español como Lingua Estranxeira), do nivel A2, podendo deste modo solicitar a nacionalidade española.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados