Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 12 de marzo de 2018
GALICIA

A Xunta coordínase con Interior a loita contra o xihadismo

Guardar en Mis Noticias.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe nunha xuntanza que foi presidida polo Ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido.

[Img #39631]

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Madrid nunha reunión entre o Ministerio do Interior e o resto das comunidades autónomas para coordinarse na loita e prevención do terrorismo xihadista.

 

Á xuntanza, que foi presidida polo ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, tamén asistiron os máximos responsables na materia a nivel estatal, así como os conselleiros de Interior do resto de comunidades autónomas.

 

O obxectivo do encontro foi facilitar información de primeira man aos responsables da seguridade das comunidades autónomas e abordar a necesaria coordinación para facer fronte ao xihadismo.

 

Así, unha das finalidades fundamentais da xuntanza foi deixar abertas canles de comunicación nesta área para facilitar información, tanto a través dos corpos policiais autonómicos ou locais, como a través doutras vías como poden ser os servizos sociais.

 

Tamén se fixo fincapé na necesidade de seguir mellorando a formación das policías autonómicas e locais, un esforzo que a Xunta xa leva facendo nos últimos tempos grazas aos cursos que oferta a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados