Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 27 de marzo de 2018
MUNDO EMPRESA

O Goberno Galego convocará neste 2018 a terceira edición de Proxectos 4.0

Guardar en Mis Noticias.

Indica que a mobilización público-privado é de preto de 15 millóns de euros.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que no segundo semestre de 2018 se convocará a terceira edición de Proxectos 4.0 que apoia xa 66 iniciativas innovadoras de pemes e clusters en sectores estratéxicos.

 

Cunha mobilización público-privado de preto de 15 millóns de euros, Feijóo precisou que na primeira edición de fai dous anos, as iniciativas apoiadas estaban relacionadas con sectores como o aeronáutico, a automoción, a madeira e a alimentación. E na segunda, repetiron estes tres últimos, incorporándose o sector naval e un proxecto temático centrado na fábrica virtual.

 

Así mesmo, as tecnoloxías 4.0 máis empregadas nos proxectos das dúas convocatorias son: as relacionadas coa automatización total ou estendida (47 proxectos); as orientadas á intercomunicación máquina-máquina (36 proxectos); a sensórica (sensores para rexistrar dixitalmente magnitudes como intensidade luminosa, movemento ou temperatura) e a dixitalización de procesos (33 proxectos cada unha); a personalización de produtos (26 proxectos); a conectividade, loxística 4.0, a robotización, a internet das cousas, e o big data, entre outras.

 

 

 

 

Subliña que as pemes que se beneficiaron destas axudas suman 2.360 empregados e unha facturación que supera os 434 millóns de euros

 

 

 

 

Cómpre subliñar que as pemes que se beneficiaron destas axudas, canalizadas polos clústers dos respectivos sectores, suman 2.360 empregados e unha facturación que supera os 434 millóns de euros.

 

O 63% delas son exportadoras e seis das empresas beneficiarias do primeiro concurso de ideas volveron impulsar novos investimentos na segunda convocatoria: tres empresas do sector da automoción; dúas de transformación da madeira; e outra do ámbito metalmecánico.

 

Ao longo da rolda de prensa do Consello, o presidente da Xunta lembrou que tamén segue en marcha a primeira convocatoria para investir en dixitalización empresarial, cunha dotación de 5 millóns e 130 solicitudes recibidas ata o momento.

 

En definitiva, entre 2015-2016, a Axenda Industria 4.0 mobilizou un investimento público-privado de 342 millóns, en 4.200 empresas. “E, neste bienio 2017-2018, incrementouse un 22% a achega pública, pasando de 143 millóns a 175 millóns” dixo.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados