Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 30 de marzo de 2018
MUNDO EMPRESA

A Xunta investirá este ano 2,5M€ destinados a asociacións de comerciantes

Guardar en Mis Noticias.

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, anunciou no Parlamento que a vindeira semana se abrirá o prazo de solicitude das axudas destinadas a centros comerciais abertos, asociacións de praceiros e federacións.

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, anunciou  no Parlamento, na Comisión 6º de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, que a vindeira semana se abrirá o prazo de solicitude de axudas para impulsar a competitividade do comercio a través de 2,5 millóns de euros destinados a centros comercias abertos, asociacións de praceiros e federacións. O obxectivo é impulsar o papel dinamizador do comercio na actividade das nosas vilas e cidades a través de iniciativas que permitan atraer clientela e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores.

 

En concreto, son 2 millóns de euros para centros comerciais abertos para proxectos que incidan na dinamización comercial, fidelización, sinalización externa ou mellora da competitividade comercial, entre outros. As axudas oscilarán dos 22.240 aos 40.000 euros.  Tamén se dirixen a asociación de praceiros que, ademais de proxectos de fidelización, sinalización, dinamización e competitividade, desenvolverán iniciativas relacionadas coa mellora de instalacións e equipamentos con axudas de ata un máximo de 9.800 euros.

 

A segunda liña, á que se destinan 500.000 euros, está dirixida a asociacións de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial. Neste caso, os apoios irán dos 9100 euros aos 49.000.

 

Grazas a estas liñas de apoios, o pasado ano 2017, beneficiáronse un total de 51 centros comercias abertos, 28 asociacións de prazas de abastos e 16 federacións -que supoñen máis de 5500 comercios- para desenvolver preto de 750 actuacións.

 

 

 

 

Os apoios, que poden chegar aos 49.000 euros, permitirán atraer clientela ao comercio de proximidade e mellorar os servizos aos consumidores a través de proxectos de dinamización, fidelización de clientes ou sinalización

 

 

 

 

Desde 2009, a Consellería de Economía, Emprego e Industria leva destinado, a través destas axudas, preto de 30 millóns de euros como mostra do compromiso do Goberno galego co asociacionismo comercial, unha das prioridades do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia que adica 70M€ ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego con 55 accións específias articuladas ao redor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente.

 

A Xunta, a través desta folla de ruta, nos tres primeiros anos mobilizou 27 millóns de euros co desenvolvemento de 5000 actuacións na mellora da dixitalización do comercio galego ao abeiro do programa Smart Commerce e, tal e como asegurou Vázquez, a Administración autonómica continúa traballando coa posta en marcha de novas medidas “co obxectivo de facer do comercio galego un sector forte, competitivo e adaptado ás novas realidades e hábitos de consumo de século XXI”.

 

Deste xeito, a Xunta, entre outras actuacións, apoiou neste período a máis de 2250 establecementos comerciais mobilizando máis de 11,3 millóns de euros na modernización e mellora da imaxe física dos comercios; levou a cabo máis de 210 actuacións en 200 concellos, a maioría emprazados no rural, para a modernización e mellora dos mercados e prazas de abastos cun investimento xerado de máis de 10 millóns de euros.

 

Así mesmo, apoiou a posta en marcha ou actualización de 2300 páxinas web cunha mobilización de máis de 3,8 millóns de euros e foi pioneira no desenvolvemento de axudas aos comercios de proximidade para a xestión de redes sociais. Neste ámbito, apoiáronse máis de 33.000 proxectos.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados