Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 3 de abril de 2018
MUNDO EMPRESA

Un contedor de reciclaxe e a sede dunha empresa de enerxía premios deseño e innovación en Galicia

Guardar en Mis Noticias.

Un comité formado por membros galegos do proxecto europeo Design4Innovation reuniuse a semana pasada en Santiago para seleccionar os dous proxectos que serán presentados en Malta en abril entre os 97 plans presentados.

[Img #40109]

 

Un contedor de reciclaxe e a sede dunha empresa de enerxía vén de ser seleccionados como casos de éxito de deseño e innovación en Galicia. O pasado venres 23 de marzo tivo lugar na sede da Axencia Galega de Innovación (Gain), en Santiago de Compostela, a reunión do comité de axentes galegos, colaboradores no proxecto europeo Design4Innovation, co fin de rematar o proceso de selección dos mellores casos de éxito de emprego do deseño e a innovación, presentados á consulta convocada no pasado mes de xaneiro.

 

O traballo do comité centrouse na análise dos dez casos máis representativos, elixidos entre os 97 proxectos propostos para este proceso, coa finalidade de seleccionar dous para a súa presentación na exposición de deseño europeo, que se celebrará con motivo da próxima reunión do proxecto Design4innovation no mes de abril na capital da illa de Malta, La Valetta, Capital Europea da Cultura 2018.

 

Os proxectos seleccionados para presentar en Malta son BIG-BIN, unha gama de contedores producidos pola empresa Formatoverde e deseñados por Antonio Parcero e Alberto R. Montiel de Frutods; e a nova sede do Grupo Norvento, deseñada por Francisco J. Mangado Beloqui de Mangado y Asociados SL. O resto de iniciativas presentadas, pola súa elevada calidade, serán obxecto, na súa maioría, dunha publicación de casos de éxito, destinada a visibilizar e promover o potencial galego no ámbito do deseño.

 

O xurado estivo formado por representantes de departamentos con competencias en innovación e deseño na Xunta de Galicia (Axencia Galega de Innovación, IGAPE e Fundación Pública Artesanía de Galicia); organizacións de apoio empresarial (Cluster da Madeira e o Deseño);  asociacións e representantes do sector do deseño (DAG Asociación Galega de Deseñadores, Sirvent, ACIDE Slow Fashion); e empresas (FINSA e Grupo Cuevas).

 

 

 

 

A Axencia Galega de Innovación (Gain), a través do CIS Galicia, e, do CIS Madeira, participa como socia nesta iniciativa, que ten como obxectivo integrar o deseño nas políticas de innovación

 

 

 

 

O proxecto Design4innovation, do que é socia a Axencia Galega de Innovación (Gain), está financiado polo programa Interreg Europe e ten por obxectivo integrar o deseño nas políticas de innovación dos 7 países europeos participantes. A través do intercambio de experiencias e boas prácticas entre os socios europeos participantes, elaborarase un Plan de Acción de Deseño (PAD) adaptado a cada unha das rexións participantes no proxecto. A Xunta de Galicia xa está traballando, neste senso, na posta en marcha dun plan de impulso ao deseño como factor facilitador da innovación, que conecte a empresa co mercado.

 

Colectores de deseño e unha arquitectura integrada na paisaxe
Os colectores BIG-BIN da empresa Formatoverde son innovadores en varios aspectos: melloran a estética das cidades polo seu deseño, tendo en conta que é un dos elementos de mobiliario urbano máis numerosos, e polo seu gran tamaño de maior impacto; aumentan a robustez do produto, reducindo moito os custos de mantemento; melloran as taxas de reciclaxe, ao aumentar a calidade percibida sobre o produto que representa os servizos de recollida e reciclado do lixo; ou facilitando a información dunha forma clara.

 

Pola súa banda, a sede central de Norvento deseñouse tratando de facer unha arquitectura silenciosa e moi atractiva, sen materiais sofisticados nin arquitecturas complexas. En coherencia coa procura da proximidade ao bosque, a domesticidade, a confortabilidade e a idea de Galicia empregouse a madeira como elemento fundamental para a construción dun edificio que ademais se deseñou coa idea de conseguir a máxima calidade enerxética, Breeam cero, consumo de enerxía nulo. Todo iso acorde coa identidade da empresa Norvento.

 

O comité de selección outorgou puntuacións valorando  aspectos tales como o grao de industrialización de cada proxecto, a súa viabilidade, rendibilidade para a empresa,  grao de innovación,  repercusión no mercado e nos medios, recoñecemento do sector e grao de integración do deseño na empresa.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados