Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 4 de abril de 2018
Iniciadas as obras do parque biosaudable en Torroso

Montes inicia a construcción do parque biosaudable a poucos días das eleccións

Guardar en Mis Noticias.

O domingo día 8 informarán en asamblea sobre os tramites para elexir a nova xunta directiva.

[Img #40161]

 

A Comunidade de Montes de Torroso celebra este domingo día 8 de abril dúas asambleas, a primerira ás 9.30 en primeira convocatoria e  ás 11.30 en segunda que terá lugar no edificio do auditorio. A outra asamblea, que celebrarase inmediatamente despois, estará adicada monográficamente a informar sobre os trámites para elexir una nova xunta directiva, inda que todo fai pensar que haberá unha continuidade da actual.

 

Na xuntanza dos comuneiros de Torroso a Xunta Directiva encabezada por Camilo Grandal coma presidente e Adelio Lago coma secretario darán conta do estado económico e do orzamento previsto para o exercicio 2018. Tamén se informará da contratación da limpeza dos montes, da aprobación dunha subvención para a traída veciñal de augas  e de obras a realizar no recinto da capela de San Xoan.

 

Asamblea para elixir nova directiva

 

Nunha circular emitida pola Comunidade de Montes de Torroso, o pasado día 4 de marzo, o Presidente e o Secretario da actual xunta directiva informan dunha segunda asamblea  na que se tratará nun único punto a elección dunha nova xunta directiva, as distintas candidaturas tiñan de prazo os seguintes 20 días dende  a data da convocatoria xeral, é dicir o prazo para presentar candidaturas remataba o 24 de marzo.

 

Inicio das obras do parque biosaudable

 

[Img #40162]A semana pasada a maquinaria de alquiler manexada por operarios dunha empresa local comezaba o movemento de terras para a construcción dun parque biosaudable ubicado nunha zona forestal cercana ao auditorio, con sendeiros e diversos elementos para a práctica de exercicio ao aire libre. Tamén procederon a instalación  acometida eléctrica para dotar a zona de varios puntos de luz.

 

O importe total das obras superará os 200.000 euros e os operarios traballan incluso baixo a intensa chuvia destes días para rematar os traballos no menor prazo posible.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados