Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 7 de abril de 2018
DEPORTES

A Deputación de Pontevedra rampa de lanzamento da nova temporada do Club Ciclista Rías Baixas

Guardar en Mis Noticias.

A presidenta Carmela Silva fixo todo un recoñecemento ao renovado plantel do Club do Val Miñor. “Levades o nome de Rías Baixas e sodes a nosa referencia en toda España”.

[Img #40222]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu este venres, xunto á deputada de Deportes, Chelo Besada, e aos alcaldes de Gondomar, Baiona e Nigrán, aos membros do equipo elite do Club Ciclista Rías Baixas, nun acto ao que asistiron os corredores, o corpo técnico e o Presidente Jose Luis Chamorro, na súa presentación da nova temporada.

 

A presidenta provincial resaltou que “os equipos como o Club Ciclista Rías Baixas, que con moito traballo e sacrificio se adían a fomentar o ciclismo, teñen todo o meu respecto, admiración e o meu cariño. Este club é un orgullo para a provincia porque apostan por un deporte que é parte nosa, porque os ciclistas deste equipo son un exemplo para os mozos e mozas da provincia e porque cada ano nos dan moitos éxitos dos que podemos presumir”. Silva recoñeceu que “o ciclismo é un deporte de heroes que nunca deixa de sorprenderme polo sacrificio que hai detrás” e afirmou que “teño que aproveitar esta presentación para darvos as grazas, mostrar a miña admiración e desexarvos moita sorte para esta temporada”.

 

Na súa intervención, o presidente do Club Ciclista Rías Baixas, José Luis Chamorro, destacou que “hoxe teño que dar as grazas á Deputación e en particular a súa Presidenta porque grazas a ela, por vez primeira, o Club Rías Baixas ten un convenio con esta administración que permítenos traballar con máis tranquilidade, xa que como podedes imaxinar antes as dificultades eran moi grandes”. Chamorro engadiu que “levamos o nome das Rías Baixas por España e isto énchenos de orgullo e felicidade”.

 

 

 

 

O presidente do Club, Jose Luis Chamorro, agradeceu a importante axuda da institución provincial. “É un apoio esencial que temos agora e que nunca tivemos na Deputación”

 

 

 

 

Na mesma liña falaron os alcaldes de Gondomar, Baiona e Nigrán, que amosaron a súa satisfacción pola existencia do Club Ciclista Rías Baixas. Paco Ferreira, alcalde de Gondomar, afirmou que “é un orgullo para o Val Miñor contar con este equipo”, mentres que Juan González, alcalde de Nigrán, sinalou que “o Rías Baixas é algo máis cun club, con xente moi traballadora, que sacrificase en prol do deporte e tan só quédame darlle as grazas”. Por último, Ángel Rodal, alcalde de Baiona, resaltou que “é un orgullo ter na nosa provincia a este club, que é un dos mellores de España. Que un equipo dun dos deportes máis duros que existe leve o nome das Rías Baixas é un verdadeiro privilexio.”

 

A presentación tivo lugar en véspera dun fin de semana cargado de carreiras, na que o equipo do Val Miñor participará na Clásica de Pascua, este sábado, no Memorial Valenciaga e no Gran Premio Ciclista Cuéllar, estas dúas o domingo.

 

Para finalizar, Carmela Silva mostrou a súa admiración e pediu un recoñecemento especial para o exciclista Prudencio Induráin, presente no acto, ao que lle transmitiu “que para a Deputación de Pontevedra é unha honra terte entre nós. A familia Induráin deu moitas cousas a este país, sodes unha referencia, moito máis que ciclistas”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados