Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 08 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
Asamblea da Comunidad de Montes de Torroso

Grandal repite presidencia de Montes con dúas dimisións no seu equipo directivo

Baixa participación con apenas a asistencia dun 20% dos 287 comuneros

[Img #40238]

 

Sen sorpresas, o empresario mosense Camilo Grandal Pérez presidirá a  Comunidade de Montes  Veciñais en  Man Común de San  Mamede de  Torroso durante os vindeiros  catro anos.  Así se  decidiu  na Asemblea  Xeral Extraordinaria celebrada  hoxe domingo día 8 de Abril nas instalación do auditorio de  Torroso.

 


A asamblea contou coa presenza de pouco máis de medio cento de comuneiros en segunda convocatoria, dun total de 287 que se atopan dados de alta na actualidade.

 

 

Dous abandonos na directiva

 

No transcurso da reunión dos comuneiros deuse a coñecer o feito de que Saturnino, actual Tesoureiro, abandonaba dende hoxe o seu cargo así coma Jaime (Vocal), que tampouco quixo seguir formando parte do equipo directivo de Camilo Grandal despois de nove anos como integrante da xunta directiva, sen que trascendesen os motivos das baixas nestes dous cargos. Con respecto ao ex tesoureiro Grandal tivo palabras de agradecemento porque  con “todo o diñeiro que se moveu aquí” nunca “houbo una discursión por unha peseta” dixo.


A votación de nova directiva produciuse tras algún reproche de comuneiros sobre a folla de  convocatoira que foi realizada a través dun documento que “non estaba asinado” polo Presidente e Secretario, respectivamente, e a confusión xerada nas datas para presentar outra candidatura, finalmente non houbo constancia de que se presentase ningunha candidatura na oposición e procedeuse á elección.


Así Camilo Grandal repite coma  Presidente do mesmo xeito que o actual SecretarioAdelio Lago, que  estará no cargo outros catro anos. Ademais sobre a marcha fóronse improvisando os integrantes da nova directiva que finalmente formarán Juan Carpinteiro (Vicepresidente), Jorge Antonio (Tesoureiro) e cinco vogais: María Romeu,  Eugenio Carreira, José Campo, Carmen Giráldez e  José Rodríguez.


Camilo Grandal inaugurou a lexislatura recoñecendo que hai “erros,  cabreos e de todo” pero que está a tentar facer todo “coa mellor intención posible”,  inda que  recoñeceu “é complicado” recalcando que lle importa “todo o tinglado que hai montado  tanto co Conservatorio, Escola de Música  e as actividades”. Deu as grazas aos asistentes e especialmente a “Tito o arquitecto” que  estivo presente “por se houbese algunha incidencia sobre a senda" que actualmente están a construir por un valor de 255.000 euros.

 

 

Asamblea Xeral

[Img #40239]

 

Previamente a esta Asamblea Xeral Extraordinara o equipo directivo sainte deixaba aprobados os orzamentos para este ano 2018 no que haberá 78.389,82 euros de ingresos e 441.328,72 euros no capítulo de gastos polo que o resultado do exercicio actual prevese finalice cun saldo negatido en -362.938,90 euros.

 

O inicio da xuntanza os comuneiros recibiron unha fotocopia dunha páxina na que se desglosan todos os resultados do exercicio 2017 e os orzamentos para o ano 2018.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.