Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 13 de abril de 2018
GALICIA

Dan comezo na AGASP as prácticas de adestramento de armas para os corpos de Policía Local de Galicia

Guardar en Mis Noticias.

Mais de 500 policías pasarán pola Academia para realizar as prácticas de manexo, destreza e uso da arma regulamentaria.

[Img #40254]

 

A Academia Galega de Seguridade Pública impartirá durante este mes e o mes de maio as prácticas regulamentarias de adestramento coa arma regulamentaria dos corpos da Policía Local de toda Galicia e da Garda civil de Lalín.

 

Mais de 500 policías pasarán pola Academia para realizar as prácticas de manexo, destreza e uso da arma regulamentaria, de obrigada realización por parte dos profesionais, compre recordar que a arma é dotación obrigatoria para os axentes da autoridade.


Ademais da práctica real na galería de tiro, obteñen formación teórica das últimas novidades no uso da forza, recordándolles a necesaria proporcionalidade dos medios técnicos a empregar.

 

Xuntos cos policías locais, realizarán estes dous meses as súas prácticas os gardas civís da compañía de Lalín, que comprende os concellos de Lalín, A Estrada, Forcarei, Cerdedo e Vila de Cruces.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados