Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 14 de abril de 2018
GALICIA

Compromiso por Galicia denuncia a falta de xestión no tratamento da madeira queimada

Guardar en Mis Noticias.

"A forma de actuar do goberno de Feijoo pon en risgo o sector de segunda transformación da madeira" explican dende CxG.

[Img #40311]

 

Tras varias reunións co sector afectado CxG denuncia que "a madeira dos lumes está sendo na súa maioría exportada para fóra de Galicia. Os mercados inglés e chinés son os principais destinos de toneladas de madeira dos nosos montes queimados. Unha situación que vén dada pola urxencia de retirar a madeira queimada, logo dos grandes incendios do pasado verán que arrasaron miles de hectáreas de monte en Galicia. Xa no mes de outubro CxG no Parlamento europeo interpelaba a través da nosa eurodeputada, Izaskun Bilbao, á Comisión para saber cal ía ser a xestión de este recurso, que está suxeito á normativa europea, non respondendo a Xunta á interpelación da propia Comisión a petición de CxG".

 

Compromiso por Galicia, asegura que "en defensa do sector industrial de segunda transformación de madeira con empresas referentes para toda Europa e moitas bisbarras, poñemos en coñecemento da opinión pública a presente chamada de SOS denunciando que de persistir esta actuación a nosa industria que paga os seus impostos en Galicia quedará desabastecida no mes de outubro sen que a Xunta de Galicia faga nada pola defensa dos nosos empresarios e os postos de traballo, logo virán os ERE que pagamos todos".

 

Tendo en conta a actual situación, facilmente contrastable coas empresas do sector, dende Compromiso por Galicia propoñen á Xunta "a utilización da madeira queimada para o noso sector produtivo, xa que é patrimonio de todos. A solución poder ser aplicar o sistema que xa aplicou Francia na rexión das Landas, consistente en polígonos de almacenamento con un sistema de rego automático que conserva a madeira durante anos".

 

Por último critican "a ineptitude e parálise da Xunta vai como sempre en detrimento da poboación do rural onde están normalmente instaladas as industrias de transformación da madeira, constitúe pois esta unha acción estratéxica para o País e para o asentamento de poboación no sempre castigado rural galego".

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados