Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 10 de abril de 2018
PROVINCIA

A Xunta participa no acto de entrega de máis de 4.400 detectores de fume

Guardar en Mis Noticias.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, indicou que xa se está avanzando nas comarcalizacións da Coruña, Lugo e Ourense e agardou que en Pontevedra se chegue pronto a un acordo.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, participou hoxe no acto de entrega de máis de 4.400 detectores de fume por parte do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Pontevedra, cuxo importe ascende a algo máis de 33.400 euros.

 

Estes detectores son parte do material que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior entregou -no marco do proxecto europeo Ariem-112 de cooperación transfronteiriza en materia de emerxencias- ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Porriño e Tomiño, ao GES da Guarda e ao propio Consorcio. Ademais destes detectores, tamén se fixo entrega no seu momento doutros recursos como equipos de respiración e de excarcelación, mangueiras de agua  ou traxes químicos. O importe total deste equipamento ascendeu a preto de 300.000 euros.

 

Consultado polo tema da comarcalización, Menor aclarou que xa están pechadas entre as distintas administracións tres comarcalizacións: a de Santiago de Compostela, Ferrol, e Ourense -mañá mesmo está prevista unha reunión con alcaldes da contorna da cidade-; ademais de seguir avanzando noutros puntos. Todos eles constitúen acordos transversais con administracións gobernadas por partidos diferentes.

 

Con todo, lamentou que en Pontevedra non se produciran  avances, aínda que agardou que pronto se poida chegar a un acordo entre Xunta e Deputación provincial, seguindo os pasos que se están realizando no resto de provincias. En todas as comarcalizacións impulsadas ata o momento, o proceso parte do acordo entre Administración autonómica e Deputación, para despois entrar nas negociacións co concello que estende o seu servizo para beneficiar ás entidades locais da contorna.

 

A comarcalización dos parques das cidades e a creación de novos servizos nas zonas de sombra, previstas pola Xunta de Galicia e abordadas no Grupo de Traballo polas emerxencias, permitirán que, cando se produza unha incidencia, se estenda o tempo de resposta de 20 minutos dun 65 a un 90% do territorio e dun 87 a un 95% da poboación.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados