Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 13 de abril de 2018
PONTEAREAS

Conta atrás para as seis horas Vila Do Corpus

Guardar en Mis Noticias.

O Concelleiro de Deportes e Corredores Festeiros adiantan as novidades para esta nova edición.

[Img #40304]

 

O Concelleiro de Deportes, o socialista Benito Márquez, e a asociación deportiva Corredores Festeiros presentan a segunda edición da proba deportiva e solidaria 6 horas Vila do Corpus que terá lugar o vindeiro 14 de xullo entre as 20 horas e as 02:00 horas do domingo día 15 de xullo.


Esta proba, que pretende dar apoio á Asociación Down Vigo, ofrécelle aos participantes superar a súa marca en cada edición dando tantas voltas como poida a un circuito dun kilómetro no centro urbano.


Na proba pódese participar individualmente ou en equipos nas categorías masculina, feminina e mixta.


Coa fin de recadar a maior cantidade posible para a doazón a Down Vigo haberá música ao longo de todo o circuito e instalarase un stand informativo da asociación na que se poderán adquirir camisetas e outros materiais de merchandising.


O ano pasado outorgouse un premio  dotado de 600€ para o equipo que conseguira rebaixar a marca nacional masculina en maratón (2:06:52). Entre as novidades para este ano é crear un premio para o equipo que consiga facer 121 km en seis horas e contar cun equipo mixto de corredores con síndrome de Down.


O prazo de inscrición está xa aberto cun prezo de 20 e 18€. Os e as interesadas poden atopar máis información na páxina https://www.facebook.com/6horasviladocorpus/.


O concelleiro de Deportes, o socialista Benito Márquez, salienta o éxito acadado na primeira edición, a capacidade de traballo dos organizadores e o obxectivo solidario da proba. “Na primeira edición Ponteareas encheuse de xente que viña cargada de boas intencións, que viña non só a superar unha proba deportiva senon tamén a aportar o seu gran de area para axudar a esta asociación sen ánimo de lucro que tanto ben fai a sociedade ”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados