Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Días de este evento: Sábado, 14 de julio de 2018
PONTEAREAS

Seis horas Vila Do Corpus a proba deportiva solidaria que repite edición en Ponteareas

Guardar en Mis Noticias.

A Segunda edición da proba deportiva e solidaria 6 horas Vila do Corpus que terá lugar o vindeiro 14 de xullo entre as 20 horas e as 02:00 horas do domingo día 15 de xullo.


Esta proba, que pretende dar apoio á Asociación Down Vigo, ofrécelle aos participantes superar a súa marca en cada edición dando tantas voltas como poida a un circuito dun kilómetro no centro urbano.


Na proba pódese participar individualmente ou en equipos nas categorías masculina, feminina e mixta.


Coa fin de recadar a maior cantidade posible para a doazón a Down Vigo haberá música ao longo de todo o circuito e instalarase un stand informativo da asociación na que se poderán adquirir camisetas e outros materiais de merchandising.


O ano pasado outorgouse un premio  dotado de 600€ para o equipo que conseguira rebaixar a marca nacional masculina en maratón (2:06:52). Entre as novidades para este ano é crear un premio para o equipo que consiga facer 121 km en seis horas e contar cun equipo mixto de corredores con síndrome de Down.


O prazo de inscrición está xa aberto cun prezo de 20 e 18€. Os e as interesadas poden atopar máis información na páxina https://www.facebook.com/6horasviladocorpus/.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados