Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 13 de abril de 2018
TUI

O Teatro Municipal de Tui cumpre 15 anos con 321 mil usuarios

Guardar en Mis Noticias.

[Img #40319]

Esta semana cúmprense 15 anos da primeira representación no Teatro Municipal de Tui. Foi o 11 de abril de 2003 con “Fausto” da man de Teatro de Ningures. Dende entón teñen pasado polo teatro máis de 321 mil usuarios nestes quince anos de actividade.  A posta en marcha destas instalacións mudou de xeito considerable a oferta cultural no municipio.  Estableceuse unha programación semestral, na que dende o primeiro día se fixo unha aposta clara pola calidade e continuidade, que se ten consolidade ao longo dos anos, presentando actividades  de teatro, monicreques, danza, música, cinema… e que teñen contando co beneplácito do público coma demostra a media de 277 espectadores lograda nas 330 funcións organizadas directamente polo Concello.


Amais dende o inicio ó Teatro Municipal de Tui é un dos espazos integrados na Rede Galega de Teatro e Auditorios, RGTA, o que posibilita acceder ao circuíto cultural promovido dende esta entidade. Segundo os datos da RGTA en 2017 Tui foi o segundo lugar en media de espectadores con 283 nos 15 espectáculos celebrados ao abeiro desta programación.  Este feito continua a liña rexistrada en anos anteriores nos que sempre Tui estivo nos primeiros postos en media de espectadores, o que reflicte o apoio que o público ten dado a actividade cultural desenvolvida.


Para facilitar a compra das entradas ao público en 2009 púxose en marcha a venda on-line os espectáculo oficiais a través da web www.culturatui.info, un sistema a través do que na actualidade de media se comercializan o 65% das localidades.


X Semana do Teatro Amador
Por outra parte a semana pasada cumpríronse dez anos da X Semana de Teatro Amador, nunha aposta máis que consolidada que se ten feito por brindar aos grupos de teatro afeccionado a posibilidade de actuar nas mesmas condicións escénicas que o fan as compañías profesionais.  Esta actividade ten sido un éxito tanto pola acollida brindada polos grupos de teatro tudenses, que este ano estrearon os seus novos espectáculo no teatro, coma pola resposta obtida polo público. Así nestes dez ano esta Semana de Teatro Amador ten rexistrado 17.800 espectadores, cunha media de 343 persoas nas 52 funcións realizadas.  So neste 2018 asistiron máis de 2000 persoas ás seis sesións programadas.   Na mesma participan os grupos de teatro Mesturanzas da Asociación Cultural Seixos Albos de Areas,  da Asociación Cultural A Insua de Caldelas, da Asociación Santiago de Malvas, da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis, Chirlomirlo e Garabullada a Asociación Cultural Xuntanza de Randufe, da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns, e Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui.


Datos técnicos
O Teatro Municipal de Tui está ubicado no edificio da Área Panorámica, inmoble de estilo neogótico que tras a súa rehabilitación, se ten convertido  no eixo da actividade cultural do municipio. O teatro tudense conta con 554 butacas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados