Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 12 de abril de 2018
GALICIA

O CIAE 112 Galicia ten xa operativo o sistema eCall de avisos en caso de accidente de tráfico grave

Guardar en Mis Noticias.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda comprobou in situ o servizo implantado no centro da Estrada.

[Img #40320]

 

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia ten xa operativo todo o sistema para recibir as chamadas e datos procedentes do sistema “eCall”, co que se tratará de acurtar o máximo posible a resposta dos servizos de emerxencias tras un accidente de tráfico, como así comprobou onte o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda nunha visita ao centro da Estrada.


 
O 112 de Galicia de forma coordinada  e en colaboración co CETAG   -Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia-, estivo facendo probas durante os últimos tres meses para ter a punto o sistema que está operativo e dende o 1 de abril.  A importancia do sistema “eCall” radica no aumento das posibilidades de salvar vidas ou incluso reducir as consecuencias das lesións producidas por un accidente de tráfico, xa que permite o propio vehículo conectar co CIAE 112 de Galicia para comunicar calquera tipo de incidencia na que se atope involucrado. Isto o pode facer o vehículo de maneira automática en caso de colisión ou pode facelo o propio condutor de maneira manual si non se mira imposibilitado polo impacto da colisión.

 

 

 

 

Coa posta en marcha do eCall, o tempo de resposta para a atención dos feridos será menor, o que aumentará a posibilidade de supervivencia e reducirá as consecuencias das lesións producidas por un accidente de tráfico

 

 

 

 

Este sistema emitirá, de forma automática ou manual, unha chamada de emerxencia en canto o vehículo sufra un impacto, ou mesmo teña lugar outra urxencia no interior dun vehículo. O sinal irá acompañado dos datos relacionados coa xeolocalización e identificación do vehículo así como outros datos como o tipo de combustible que utiliza.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados