Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 14 de abril de 2018
TUI

O IV Concurso Internacional de Pesca Deportiva a Flote aprázase para o 1 de maio

Guardar en Mis Noticias.

Reunirá a máis de 60 participantes de Galicia e Portugal.

[Img #40323]O Club Náutico San Telmo, vén de aprazar até o martes 1 de maio, o IV Concurso Internacional de Pesca Deportiva de Salmónidos, na modalidade spinning a flote, que se ía celebrar este domingo no río Miño, entre Goián e Salvaterra do Miño. O aprazamento débese ás previsións de choiva para a fin de semana, e ao elevado caudal do río nestes momentos.


A organización agarda reunir a máis de 60 deportistas de Galicia e Portugal, que dende as 9.00 ata as 18.00 horas españolas, navegarán polo río Miño en busca das mellores pezas, que serán pesadas no edificio do Náutico San Telmo ao remate da xornada, pechando o concurso coa entrega de trofeos as 18.30 horas.


As inscricións están abertas ata sábado 28 de abril, no edificio do Club Náutico San Telmo, no enderezo electrónico nautico@cnsantelmo.com, ou no teléfono 657 87 57 16.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados