Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 15 de abril de 2018
MOS

Medio Ambiente ampliará as zonas para determinar a posible presenza de lindano en Mos

Guardar en Mis Noticias.

A Consellería de Medio Ambiente presentou un avance dos resultados do estudo que se está a desenvolver neste concello pontevedrés desde o pasado febreiro.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de propoñer ao Concello de Mos ampliar as zonas nas que se focalizou o estudo para determinar a posible presenza de lindano neste municipio. Así llo trasladou esta semana a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira Costa, á comisión de seguimento da posible contaminación por lindano do Concello de Mos.

 

Durante a reunión, déronse a coñecer os resultados das analíticas realizadas nas zonas do concello identificadas na planificación inicial (San Rafael, Cristo de Belén e Sanguiñeda) e tamén noutros puntos (Camiño da Fábrica-Pereiras) que non estaban previstos inicialmente pero que se incorporaron á investigación por acordo da comisión celebrada en marzo. Á vista das análises, pode concluírse que malia que na meirande parte das mostras realizadas, tanto en auga como en terra, non se detectou presenza de lindano, nalgunha zona puntual si se atoparon trazas desta substancia pero por debaixo dos limiares establecidos.

 

 

 

 

As análises das mostraxes de auga e terra recollidas en distintos puntos do municipio non presentan niveis de lindano por riba dos limiares fixados pola normativa, aínda que se detectaron trazas desta substancia nalgunha mostra puntual

 

 

 

 

Así, María Cruz Ferreira precisou que estas trazas foron localizadas, concretamente, no vial que baixa paralelo ás antigas instalacións de Zeltia e na Rotonda da Costilleta, puntos que seguirán sendo obxecto de seguimento e vixilancia por parte da Consellería de Medio Ambiente, que tamén ten prevista a ampliación das zonas obxecto de investigación co fin ofrecer as máximas garantías desde un punto de vista ambiental.

 

Neste sentido, Ferreira trasladou que, se ben non se ten constatado a existencia de ningún foco de contaminación importante, os indicios acumulados aconsellan ampliar a investigación nas zonas onde se evidenciou a presenza de trazas de lindano. Tal e como se acordou durante a propia comisión, os novos puntos do concello de Mos a investigar serán Fondo de Atín (Cela) e Pozo Negro (Petelos).

 

 

 

 

A comisión de seguimento de lindano volverá reunirse o vindeiro mes de maio e continuará a facer un seguimento periódico da situación

 

 

 

 

Por outra banda, María Cruz Ferreira volveu trasladar a máxima colaboración da Xunta co Concello de Mos a través da comisión de seguimento, constituída o pasado 7 de febreiro e na que participan varias asociacións de veciños, membros de todos os grupos políticos da corporación municipal, da empresa que está a realizar a toma de mostras e da propia Consellería de Medio Ambiente.

 

Finalmente, na comisión acordouse celebrar unha nova reunión o próximo mes de maio, seguindo co calendario previsto de reunións mensuais de seguimento.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados