Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 13 de abril de 2018
PROVINCIA

A Deputación apraza a maio as primeiras rutas de marisqueo previstas para esta fin de semana

Guardar en Mis Noticias.

As persoas que xa tiñan praza para participar nestas primeiras rutas e desexen participar os días 19 e 20 de maio, teñen garantida a súa reserva.

A Deputación de Pontevedra apraza para o 19 e 20 de maio as primeiras rutas gratuítas de “Marisqueo nas Rías Baixas” previstas para esta fin de semana, debido ás inclemencias meteorolóxicas. As persoas que solicitaron praza para participar nestas primeiras rutas e desexen participar en maio teñen garantida a súa reserva, aínda que se abrirá unha nova convocatoria o próximo mes para completar as prazas que poidan quedar vacantes por mor do aprazamento.

 

As rutas previstas para o 28 e 29 de abril ás 10 da mañá mantéñense. Deste xeito, as persoas que desexen participar poderán formalizar a súa inscrición a partir do próximo luns, 16 de abril, mediante un correo electrónico a medioambiente@depo.es.  As prazas están limitadas a 20-25 persoas por ruta.

 

 “Marisqueo nas Rías Baixas” trátase dunha experiencia de turismo sustentable centrada en achegar a experiencia do marisqueo a pé á poboación da provincia. Para elo, a Deputación de Pontevedra co apoio das mariscadoras de AmarCarril ofrece ás persoas interesadas un obradoiro práctico de marisqueo nas augas da ría de Arousa completada con formación sobre o oficio e a súa historia.Con esta experiencia búscase transmitir a historia do marisqueo galego ás novas xeracións e inculcar na sociedade un crecente respecto e consideración pola profesión, como garantía para concienciar sobre os problemas que afectan o marisqueo a pé en Galicia: a consideración social, a substitución xeracional, o furtivismo e a contaminación. Estas rutas “Marisqueo nas Rías Baixas” combinan a vertente turística coa ambiental, sensibilizando deste xeito á poboación local sobre a conservación e posta en valor dos nosos activos turísticos e das nosas rías como un recurso cun enorme potencial, que debe ser optimizado de xeito sustentable.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados