Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 13 de abril de 2018
NIGRÁN

O Concello de Nigrán acolle este domingo a Final Provincial de Dúatlon Escolar

Guardar en Mis Noticias.

Preto dun cento de deportistas en categorías dende benxamín a cadete disputarán a proba, que se desenvolverá durante toda a mañá na contorna de praia América.

[Img #40372]O Concello de Nigrán acolle este domingo dende as 11:00 horas ata as 13:45 horas a final provincial de Duatlon Escolar, na que participarán preto dun cento de deportistas en categorías dende benxamín a cadete. Todos eles terá a oportunidade de clasificarse no Campionato Galego. A proba, que se desenvolverá na contorna de Praia América, está organizada polo Concello de Nigrán xunto o Club Triatlon Mar de Vigo e a Federación Galega de Triatlon e conta co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte.  

 

 

 

 

A competición outorga a oportunidade para clasificarse no Campionato Galego

 

 

 

 

A saída, boxes e meta se ubicará na contorna das instalacións deportivas de Gaifar (Panxón). A primeira competición a disputará ás 11:00 horas a categoría benxamín, constando de 500 metros de carreira a pé - 2 km de bicicleta - 250 m de carreira a pé. A continuación, ás 11:30 horas, terá lugar a proba dos alevíns con  1 km de carreira a pé - 4 km de bicicleta - 500 m de carreira a pé. Seguirán os Infantís ás 12:15 horas con  1,5 km de carreira a pé - 6 km de bicicleta - 750 m de carreira a pé. Finalmente, ás 13:00 horas, irán os cadetes con  2 km de carreira a pé - 8 km de bicicleta - 1 km de carreira a pé.

 

Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán medallas como premio.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados