Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 13 de abril de 2018
PONTEAREAS

Investigada por cuadriplicar a taxa de alcohol permitida

Guardar en Mis Noticias.

A Policía Local instruíu dilixencias ao xulgado a unha condutora ao dar 1,46mg/l de alcohol.

A Policía Loca de Ponteareas tramitou no día de hoxe dilixencias ao xulgado a un condutor en calidade de investigado por un delito contra a seguridade viaria por conducir cunha taxa de alcohol superior a 0,60 ml.


Os feitos ocurriron cando unha patrulla da Policía Local observa como a condutora dun vehiculo que circulaba pola rúa Real estaba facendo uso do teléfono móbil de xeito manual polo que tratan de parar o vehiculo con sinais luminosos do coche Policial para identificar a condutora e tramitar a correspondente denuncia.


A pesar de utilizar os sinais luminosos esta condutora fixo caso omiso ás mesmas e  mesmo estivo a piques de colisionar con outro vehiculo que cirtulaba na rotonda, polo que os axentes utilizaron tamén os sinais acústicos conseguindo que se detivera pasados uns minutos.


Cando os axentes proceden a identificar a condutora observan que esta baixo os efectos de bebidas alcohólicas polo que proceden a realizar a proba reglamentaria dando un resultado de 1,46mg/l de alcohol por aire espirado polo que se instruiron as correspondentes dilixencias para xuizo rápido no xulgado de Ponteareas.


Dende este Concelleria de Seguridade Cidadá e mobilidade que dirixe Vanesa Fernández Soage séguese a facer campañas de “alcohol cero” co ánimo de mentalizar aos condutores do perigo e da irresponsabilidade que supón conducir despois de ter inxerido bebidas alcoholicas.


No que vai de ano xa son máis de seis os atestados instruidos ao xulgado por un suposto delito contra a seguridade viaria por inxesta de alcohol cunha tasa superior a 0,60 ml, ademáis de sancións administrativas por tasas superiores a 0,25ml.


Esta nova denuncia vense a sumar á da semana pasada na que a Policía Local tramitou dilixencias ao xulgado a un condutor en calidade de investigado por un delito contra a seguridade viaria por conducir cunha taxa de alcohol superior a 0,60 ml.


Os feitos aconteceron cando unha patrulla da Policía Local observa un vehículo que salía dun aparcamento facendo unhas maniobras de xeito irregular polo que procederon a darlle o alto. Os axentes observaron que o condutor tiña síntomas de estar baixo as influenzas de bebidas alcohólicas polo que se lle realizan as probas correspondentes que ofreceron un resultado cunha cantidade superior a 0,90 ml, polo que se instruiron as dilixencias oportunas para xuizo rápido no xulgado de Ponteareas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados