Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 14 de abril de 2018
PROVINCIA

A Deputación promove un novo blogtrip que traerá a Fiona Ferrer esta fin de semana ata as Rías Baixas

Guardar en Mis Noticias.

Carmela Silva subliñou que “esta acción do “Premio Blogueiro e Blogueira Gold” converte ao destino #PontevedraProvincia nun destino de excelencia, de calidade e exclusivo”.

[Img #40398]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer que ata o vindeiro luns, 16 de abril, a coñecida blogueira Fiona Ferrer estará a percorrer o destino Rías Baixas no marco dunha nova acción de promoción das Rías Baixas. O principal obxectivo deste blogtrip, tal e como informou Silva, é “converter ao destino Pontevedra provincia nun lugar de excelencia, de calidade, único e exclusivo como marcan as liñas do Plan Estratéxico de Turismo”.

 

Deste xeito, durante as pasadas semanas, a Deputación de Pontevedra levou a cabo unha planificación da viaxe da blogueira Fiona Ferrer, seleccionada por American Express para coñecer o noso destino. Esta semana, tal e como informou a presidenta, Ferrer encargouse xa de compartir a través das súas redes sociais información do noso destino e o seu enfoque da viaxe e, desde hoxe mesmo e ata o vindeiro luns, estará coñecendo diferentes lugares da provincia. Ao longo desta xornada coñecerá Tui, coñecendo o patrimonio cultural e realizando unha ruta de shopping, e Baiona, onde descubrirá o noso patrimonio natural e como relaxarse nas Rías Baixas.

 

A presidenta da Deputación adiantou que mañá, sábado, Fiona Ferrer coñecerá Sanxenxo e O Grove, coa súa Illa da Toxa. Durante este día aproveitará para descubrir o patrimonio natural, a gastronomía e o termalismo que oferta a provincia de Pontevedra. Xa para o domingo o lugar seleccionado é Cambados, onde realizará unha ruta cultural e gastronómica, e Cuntis, onde se aloxará nun establecemento de turismo rural e descubrirá máis ofertas do patrimonio natural das Rías Baixas. A última xornada do blogtrip de Fiona Ferrer terá lugar o luns, 16 de abril, cunha visita a Lalín para percorrer o Pazo de Liñares e Castrodeza  e descubrir, así, o patrimonio arqueolóxico e o gastronómico a través dunha degustación de cocido.

 

O blogtrip polas Rías Baixas, no que participará Fiona Ferrer, está enmarcado no “Premio Blogueiro e Blogueira Gold 2018” impulsado por American Express e que consisten en valorar a experiencia de seis influencers de diferentes sectores que visitarán durante catro días un destino nacional. A presidenta explicou que “na súa viaxe, gravarán un vídeo de dez minutos de duración que recollerá as experiencias vividas no destino e que será valorado polo público final e por un xurado de expertos para elixir ao mellor blogueiro e/ou blogueira gold, que recibirá o premio nunha gala que terá lugar en xuño”.

 

A Deputación colabora con esta iniciativa “tralo interese amosado por American Express para que a nosa provincia fose un dos destinos nacionais que participasen nos premios”, indicou a presidenta provincial. Amais, tal e como destacou Silva, o premio “ten un importante impacto, con centos de milleiros de visitas á súa web, cun impacto en redes sociais de máis de cinco millóns de perfís alcanzados en Twitter, máis de 27 millóns de impresións nesta mesma  rede social, máis de tres millóns de perfís alcanzados en Facebook, e 13 millóns de impactos a través dunha trintena de medios nacionais e locais”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados