Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 17 de abril de 2018
TUI

O xoves levarase a comisión informativa o proxecto de orzamentos municipais para 2018

Guardar en Mis Noticias.

Increméntase en 32.100€ a partida do Servizos de Axuda no Fogar e Dependencia, e destínanse 18 mil euros para a modificación do PXOM.

O próximo xoves, 19 de abril, celebrarase no Concello de Tui Comisión Informativa de Contas na que se someterá a ditame o proxecto de orzamentos municipais de 2018, tras realizar unha serie de modificacións no documento incorporando as peticións realizadas polos grupos políticos da oposición.


Na modificación destaca o incremento en 32.100 euros  a partida do Servizo de Axuda no Fogar e Dependencia que pasa a contar cun crédito de 197.100,96 euros. Por outra parte increméntase en 5 mil euros partida destinada ao mantemento dos centros educativos que pasar a estar dotada con 55 mil euros, e en mil euros sobe a partida destinada a actividades de interese social que pasará a ter un crédito de 7 mil euros.


Por outra parte crease unha partida de 8.200 euros para execucións subsidiarias no conxunto histórico, consígnanse 12.100 euros para o elaboración e implantación do Plan de Emerxencias Municipal, 15 mil euros serán destinados ao festival Arraianos, e 18.148,70€ establécense para realizar as modificacións puntuais do PXOM.


O equipo de goberno levou a cabo estas modificacións no proxecto de orzamentos municipais tras escoitar as peticións dos grupos da oposición e co obxectivo de que as contas deste 2018 poidan ser aprobadas no pleno ordinario deste mes de abril, logo de que quedaran sobre a mesa en marzo e foran retiradas da orde do día no de febreiro. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, sinala que se fixo un importante esforzo para poder incorporar boa parte das solicitudes feitas polos grupos da oposición a este proxecto de orzamentos, nomeadamente, sinala, as que eran compartidas por todos os grupos coma o aumento do gasto en dependencia ou a modificación dos Peri’s de San Bartolomeu no PXOM.


Carlos Vázquez Padín agarda que “tras este esforzo de cesión realizado dende o goberno no próximo pleno se poidan aprobar os orzamentos do Concello de Tui para 2018”, xa que considera que contar cunhas novas contas – actualmente están prorrogadas as de 2016 -  é fundamental para Tui.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados