Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 14 de abril de 2018
PROVINCIA

Adxudicados cen obradoiros de “Depo en marcha 2018” para entidades de 37 concellos da provincia

Guardar en Mis Noticias.

“As persoas maiores viven cada vez máis situacións de soidade e as administracións debemos poñer en marcha alternativas para frear esta situación”, asegurou a presidenta.

[Img #40408]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer a adxudicación de cen obradoiros do programa “Depo en marcha 2018” para entidades de 37 concellos da provincia. Estes obradoiros, dirixidos a entidades de maiores, persoas pensionistas, prexubiladas, xubiladas e outras entidades sociais da provincia, naceron, tal e como explicou Silva, “porque as persoas maiores viven cada vez máis situacións de soidade e as administracións debemos poñer en marcha alternativas para frear esta situación, favorecer o envellecemento activo e evitar situacións de aillamento”.

 

O programa “Depo en marcha 2018” espallará pola provincia de Pontevedra obradoiros englobados nas áreas temáticas de “Traballando coas mans”, “Entre fogóns”, “Aprendendo da natureza”, “Móvete”, “Activando corpo e mente”, “Enredando”, “Dálle marcha” e “En rede”. Os principais obxectivos desta iniciativa da Deputación son, tal e como detallou a presidenta da institución, “favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia a través de obradoiros que axudan a optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a súa calidade de vida, establecer relacións sociais e fomentar a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciar movementos de participación e cooperación social, promover espazos de encontro e intercambio de experiencias e favorecer a súa independencia para evitar o illamento e situacións de soidade”.

 

En total, tal e como adiantou Carmela Silva, “ofertábamos 100 obradoiros e foron 266 as entidades que solicitaron participar en “Depo en marcha 2018” o que pon en valor a altísima interese que hai no programa. De feito, o ano pasado participaron nesta iniciativa preto de 3.000 persoas da provincia”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados