Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 13 de abril de 2018
PROVINCIA

O goberno de Carmela Silva destina máis de 2 millóns de euros ao plan de práctica laboral

Guardar en Mis Noticias.

A presidenta provincial subliñou que “ofertaranse 200 bolsas de prácticas neste Plan para o que investimos 100.000 euros máis que no 2017”.

[Img #40410]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe as bases do Plan de Práctica Laboral deste ano na Deputación en nos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.


Deste xeito, e tal e como sinalou Carmela Silva, “destinaremos 2.110.992 euros cos que imos ofertar 200 bolsa de práctica laboral, 152 bolsas para diferentes concellos da provincia e 48 para a Deputación de Pontevedra”. A presidenta da Deputación de Pontevedra tamén apuntou que “investimos 100.000 euros máis que no 2017”. Este Plan de Práctica Laboral está destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes, concretamente, Carmela Silva sinalou que “vanse beneficiar 57 concellos da provincia”. A duración destas bolsas será novamente de 6 meses prorrogables ata os 12 meses.

 

A principal novidade deste ano está na dotación económica para cada bolsa de traballo, xa que auméntase o salario mensual en 40 euros. A presidenta da Deputación de Pontevedra explicou que “as persoas con titulación universitaria percibirán 840 euros ao mes e as persoas de ciclos superiores de formación profesional recibiran 740 euros ao mes”.

 

Respecto a estas bolsas, en rolda de prensa, Carmela Silva resaltou que “volve a poñerse en marcha este proxecto que permite aos concellos de menos de 50.000 habitantes ter cubertas necesidades de persoal tan importantes como as que teñen que ver co ámbito xurídico, pois, moitas veces, senón fóra por este plan algúns concellos non terían recursos humanos suficientes para levar a cabo diferentes procedementos administrativos”.

 

O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días naturais dende o día seguinte da publicación da convocatoria no BOPPO.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados