Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Domingo, 15 de abril de 2018
Mos

Os peregrinos séguense perdendo en Mos

Guardar en Mis Noticias.

[Img #40423]

 

A sinalización do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos segue a ser motivo de confusión entre os peregrinos a pesar da nova instalación de sinais de madeira que contou cun orzamento de máis de 20.000 euros financiado no seu maior parte pola Axencia Turismo de Galicia.

 

[Img #40421]Varios colectivos locais quéixanse de que na nova sinalización turística foi sinalizado de forma exclusiva e preferente o Pazo de Mos e os negocios de hostalería próximos obviando outros lugares de gran interese para os peregrinos como fontes, albergues ou lugares de interese turístico como tendas, restaurantes, bares ou cafeterías próximas ao Camiño Portugués ao seu paso por Mos.  

 

Algúns peregrinos quéixanse fundamentalmente da gran variedade de frechas que poden atoparse ao longo do percorrido: amarelo claro, amarelo escuro, amarelo con fondo branco, con fondo azul e pintadas sobre mobiliario urbano ou sobre o propio asfalto asolagan todo o percorrido, creando confusión entre os usuarios.

 

Coma exemplo un grupo de tres peregrinos británicos, que realizaba hoxe mesmo o percorrido, queixábase da “mala sinalización”. Concretamente no desvío da N-550 á altura do “Megachino” atopáronse cunha frecha dobre que apuntaba cara a dous sentidos poñendo en dúbida o sentido da marcha, motivo polo cal ao final decidiron guiarse pola ruta que marcaba o seu teléfono móbil con XPS e continuar o seu camiño desviándose andando en paralelo á N-550.

 

Só durante o 2017 percorreron este tramo do Camiño portugués un total de 20.133 peregrinos e as cifras seguen en ascenso polo que respecta a anos anteriores, é por iso, polo que tanto peregrinos como colectivos mosenses piden que se mellore e coide un dos poucos recursos turísticos dos que dispón o Concello de Mos.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados