Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 16 de abril de 2018
O PORRIÑO

A Praza de Abastos "sen vida" segundo asegura o PP "tras as obras na súa contorna"

Guardar en Mis Noticias.

O PP do Porriño, achégase á Praza de Abastos Municipal a recoller o sentir dos seus comerciantes e facernos eco das súas máis que xustificadas reclamacións. "As obras levadas a cabo na contorna do mercado municipal, entre outras cuestións, supuxeron un grave prexuizo para a actividade comercial da praza e incluso da contorna" aseguran.

[Img #40447]

 

"A nosa Praza non interesa, o abandono é total". As palabras desta praceira, que leva décadas vendendo os seus productos na Praza de Abastos Municipal do Porriño, resumen o sentir dos praceiros e praceiras do Porriño que, segundo o Partido popular,  "ven con impotencia como o que foi un dos centros neurálxicos do comercio da vila, perde vida".

 

Dende o PP do Porriño, achegáronse á Praza de Abastos Municipal "a recoller o sentir dos seus comerciantes e facernos eco das súas máis que xustificadas reclamacións. As obras levadas a cabo na contorna do mercado municipal, entre outras cuestións, supuxeron un grave prexuizo para a actividade comercial da praza e incluso da contorna" sinalan . "En teoría, e según alardeou o Goberno Municipal, estes traballos debían favorecer a circulación arredor da Praza e convertela nun espazo de ocio. A realidade á que se enfrentan os comerciantes é ben distinta, os problemas orixinados, sobre todo pola falta de aparcamento, foron tales que a afluencia de clientes á Praza disminuiu de xeito moi considerable. Non só o tráfico supón un problema, o abandono das instalacións (portas de acceso rotas, un piso visiblemente deteriorado, alcantarillas interiores deterioradas, buracos no edificio que se parchean con cemento, ou unha enorme "isleta de reciclaxe" que supón un evidente perigo para peóns e vehículos...) están a danar a actividade da praza" explican os populares.

 

"A falla de comunicación do Goberno Municipal cos afectados polas súas decisións, a falta de consenso cos comerciantes da Praza de Abastos e as últimas obras levadas a cabo no interior deprisa e correndo para non perder unha subvención que finalmente perderon (preto de 80.000 euros que foron cargados na súa totalidade ás arcas municipais e cuxa xestión está a ser investigada) son outras das principais queixas dos comerciantes" explican.

 

 

 

 

"A falta de aparcamento e o nulo control da zona azul da contorna da Praza de Abastos traducíronse nunha importante disminución da clientela" sinalan dende o PP

 

 

 

 

Dende o PP do Porriño quixeron amosar "o apoio e respaldo aos que son un motor básico da actividade comercial local e instamos ao Goberno Municipal (Alcaldesa, responsable de Vías e Obras e responsable de Prazas e Mercados) , a consesuar solucións e establecer o diálogo cos afectados e afectadas polo proxecto de reforma a fin de restablecer, potenciar e asegurar a actividade comercial da nosa Praza de Abastos Municipal".

 

Tamén critican a falta de aparcamento e zona azul sen control algún "Asegurar 'o aparcamento que hai no entorno da Plaza de Abastos' era, según indicaba a Alcaldesa na presentación do proxecto, 'o primeiro obxectivo da reforma', ademais de comprometerse a que non se reducirían os estacionamentos e 'habería unha mellor nos accesos ao mercado, ampliando a rúa Cando'. Unha promesa que, á vista dos feitos, non se cumplíu desatando a indignación dos praceiros que se sinten enganados" critican os populares nun comunicado de prensa.

 

[Img #40450]

Críticas dos praceiros

"O tema do aparcamento é o peor. Esta reforma que fixeron foi fatal para nós", apunta outra das praceiras do Porriño, "Cando vimos que comezaban coas obras fomos unhas cincuenta persoas ao concello a protestar e todo foron boas palabras. Non cumpriron nada do que prometeron. A praza de abastos a eles non lles interesa para nada". Continúa apuntando á "baixada enorme de clientes" que notaron dende que se levaron a cabo as obras, "a xente o di, que non veñen porque non teñen onde aparcar".

 

Outro dos praceiros, que rexenta un dos postos con máis antigüidade do mercado municipal, é moi contundente ao respecto das reformas, "eu non sei a quen beneficiaron estas obras, pero á Praza de Abastos e aos praceiros non", explica, "a reforma esta foi unha ruina para nós". O tema da mobilidade é para el o maior problema ao que se enfrenta "Non hai donde aparcar, suprimironse moitas prazas de aparcamento e a zona azul que arredor do edificio non só non sé controla, e que nin tan sequera está sinalazada. É unha zona azul de palabra".

 

E é que o groso da clientela da que se nutre o comercio da praza provén das parroquias do municipio polo que se fai indispensable facilitar un aparcamento ou zona de estacionamento cercana as instalacións. "Humanización sí, pero en base a un proxecto global", apunta outro dos praceiros que nos comenta que subsiste grazas ao servizo de reparto que presta a domiciliio, "a humanización non pode ir adiante se non hai un sitio para aparcar. Os aparcamentos que hai son mínimos. A xente quere comodidade e servicio e desta maneira non se da, e por tanto, a xente non ven ao Porriño. Ademais, se ti ves a praza e non atopas aparcamento tes que volver a rodear Porriño, e a xente marcha".

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados