Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 16 de abril de 2018
TUI

A Radio Municipal de Tui cumpre 25 anos

Guardar en Mis Noticias.

[Img #40462]

 

A Radio Municipal de Tui cumpre hoxe, 16 de abril, 25 anos dende que comezou as súas emisións no antigo edificio.

 

Dende o primeiro día a emisora municipal de Tui fixo unha aposta polo cercano, pola información máis próxima converténdose nun altofalante da actualidade, das actividades, dos eventos en Tui e na súa comarca. 25 anos nos que teñen pasado pola emisora máis de 250 persoas, boa parte deles coma voluntarios que realizaron os seus programas ou participaron coma colaboradores noutros, pero un tempo tamén no que a radio de Tui ten sido o primeiro contacto cun medio de comunicación para moitos profesionais que hoxe realizan o seu labor nos principais medios de comunicación galegos. Un tempo no que a seriedade e o traballo ben realizado teñen dado coma resultado uns impresionantes niveis de audiencia na comarca do Baixo Miño e en parte do Alto Minho portugués, sendo un referente informativo para toda a zona.

 

O balance destes 25 anos non pode ser máis que positivo xa que a Radio Municipal de Tui situase neste momento coma un medio de comunicación imprescindible, pero tamén coma un dinamizador da vida cultural, social e deportiva non só de Tui senón tamén de toda a comarca.

 

Amais ao longo destes anos a radio ten sabido manter o seu oco informativo fronte aos novos xeitos de comunicación, coma redes sociais, webs…, que teñen xurdido ao longo dos últimos tempos. A radio é tamén compaña e entretemento e nestes anos ten sido e é para moitos o compañeiro fiel ao longo da xornada.

 

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, quere felicita á Radio Municipal de Tui por este cuarto de século destacando que “é unha institución de comunicación fundamental en Tui, que xoga un papel esencial para que a axenda local teñan relevancia na sociedade”. O rexedor tudense agradece aos profesionais e colaboradores da emisora o traballo realizado ao tempo que “apostar porque que a radio municipal teñan moitísimos anos de traxectoria por diante”.

 

Na actualidade os estudos da Radio Municipal de Tui están situados no edificio da Área Panorámica, emitindo no 107.4FM e podendo escoitarse tamén a través de internet, o que posibilita que moitos tudense e persoas da contorna que residente fóra sigan en contacto coa actualidade local e comarcal.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados