Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 17 de abril de 2018
DEPORTES

O Club Escola TEABIKES en Moaña

Guardar en Mis Noticias.

[Img #40467]

 

Este fin de semana o club escola Teabikes tivo unha dobre cita no Concello de Moaña onde se disputou a ENDURRAZO 2018 primeira proba de Enduro puntuable para o calendario Galego.


O domingo as 8 da maña daba comezo e, ata alí desprazáronse os irmáns Adrián e Iván González Barros que en categoría Master 30 foron quen de rematar, os catro tramos cronometrados. Nun circuíto moi técnico e de gran dificultade, moi tocado pola choiva da semana,  os irmáns naturais de Mondariz foron sorteando obstáculos e finalmente conseguiron rematar a proba. Iván no posto 49  e Adrián no posto 60 da clasificación Master 30.


A proba contou cun total de 175 inscritos dos que so  170 remataron na clasificación xeral, xa na clasificación xeral  Iván ocupou o posto 123 e Iván o 147.

 

Endurrazo BABY
O sábado pola tarde o club organizador da proba, daba a oportunidade os mais cativos, onde a escola do Teabikes desprazouse para tomar a  saída nas distintas categorías.


O club organizador optou por non facer unha  proba competitiva e non encaixala no calendario galego de minibtt, e puideron participar entre idades comprendidas de 2 anos ata os 12.


As probas foron por quendas de entre cinco e sete corredores por idades, onde o finalizar tódolos raider tiveron o seu merecido recoñecemento de participación coa entrega dunha medalla.


Ademais de poder desfrutar cos seus familiares da proba deportiva, o organizador fixo un sorteo de regalos, e para finalizar puideron desfrutar cun inchable de forma gratuíta.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados